Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ESTUDIO de detalle da parcela R4 U.A, 1 Zapateira. (Expediente 4227/411).

O consello da xerencia de Urbanismo deste concello en sesión do día 20 de decembro de 1996, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle de establecemento de aliñacións e agrupación de zonas libres da parcela R4 da U.A. 1 Zapateira, conforme a documentación presentada por Luis González Areán, representante legal da entidade Monteleira Promociones Inmobiliarias, S.L., elaborada polo arquitecto José M. Catalán Pérez de Lis, e visado polo COAG o día 14-11-1996, así como sometelo ó trámite de información pública polo prazo de quince días, mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, un xornmal dos de maior circulación da provincia e taboleiro de anuncios da casa do concello, con notificación persoal ós propietarios e demais interesados directamente afectados.

Vigo, 17 de xaneiro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

513