Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública da modificación puntual número 7 do PXOU de Vigo no núcleo 11 11 Samil, na parroquia de Navia. (Expediente 3890/411).

O Pleno deste Concello, en sesión do día 28 de novembro de 1996, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual nº 7 do PXOU de Vigo no núcleo 11 11 Samil, na parroquia de San Paio de Navia, segundo a documentaicón redactada polos servicios técnicos municipais de planeamento, así como sometelo ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, un xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro da Casa do Concello.

O devandito acordo sinala como área afectada pola suspensión de licencias de demolición, parcelación e edificación a abranguida polo seu ámbito reflectido no plano 1-2 do expediente, cos seguintes lindes:

Norte: camiño baixada a Samil.

Sur: rúa Saíñas.

Leste: liña paralela á avenida de Samil, a 150 m (barrio Eiravella).

Oeste: Avda. de Samil (estrada PO-324).

Vigo, 10 de xaneiro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

0508