Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 890

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Empresas de Publicidad de A Coruña.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que na sección de mediación, arbitraxe e conciliación (SMAC) desta delegación provincial e ás 14 horas do día 20 de decembro, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresas de Publicidad de A Coruña, que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: empresas de publicidade.

Asinan a acta de constitución: Miguel Conde Lobato e once persoas máis.

Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 23 de decembro de 1996.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

321