Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 889

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre constitucións, modificacións e baixas provisionais das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 29 de abril de 1988, inscritas no rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións e baixas provisionais que se citan.

Constitución de:

A sociedade agraria de transformación Cavadas, S.A.T. nº 941, XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Cavadas-Xermade (Lugo); obxecto social: producción gandeira; capital social: 14.100.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Outeiro-Frades, S.A.T. nº 942, XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Outeiro-Papucín-Frades (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 29.061.900 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Ganadería Insua, S.A.T. nº 943, XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo Insua-Prevediños-Touro (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 24.300.000 pesetas; nº de socios: 3.

Modificación de:

A sociedade agraria de transformación Agricultura y Ganadería Sesto, S.A.T. nº 5.583, na asemblea xeral do 29-11-1996, acordan por unanimidade a baixa de 2 socios e a renovación da súa xunta rectora, resultando que: a) O capital social se reduce en 3.400.000 pesetas, pasando de 10.200.000 pesetas a un definitivo capital social de 6.800.000 pesetas; b) A renovación dos cargos da xunta rectora, quedando integrada por: Cesarina Sesto Pérez, presidente; César Carril Vázquez, secretario e José Manuel Sesto Pérez, vocal-tesoureiro.

A sociedade agraria de transformación Finca La Asunción, S.A.T. nº 850, XUGA, na asemblea xeral do 20-6-1996, acordan aprobar por unanimidade a nova xunta rectora, integrada por: Asunción Souto Lamas, presidenta; Santiago García Penas, secretario e Santiago García Souto, vocal.

Baixa provisional de:

A sociedade agraria de transformación Visones del Barbanza, S.A.T. nº 490, XUGA, por acordo do 10-12-1996, da Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria, dáse de baixa no índice de entidades. Prodúcese para este ente xurídico, por imperativo legal, a suspensión de tramitacións administrativas neste rexistro de SS.AA.TT, mentres permaneza esta situación.

A sociedade agraria de transformación Visones Ribeira, S.A.T. nº 572, XUGA, por acordo do 10-12-1996, da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, dáse de baixa no índice de entidades. Prodúcese para este ente xurídico, por imperativo legal, a suspensión de tramitacións administrativas neste rexistro de SS.AA.TT., mentres permaneza esta situación.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1997.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

317