Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 875

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación de remate (453/1996-04).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fago saber que nos autos de xuízo executivo seguidos perante este xulgado co número 453/1996, promovido polo Banco de Asturias, S.A., representado polo procu

rador García-Piccoli contra José Antonio Meleiro Rodríguez e Aurora Amorín Rodríguez e outros, sobre reclamación de cantidade de 1.316.270 pesetas, importe do principal, máis 9.500 pesetas para gastos e 300.000 pesetas para xuros e custas; e dado que os demandados se atopan en paradoiro descoñecido, por medio do presente edicto cítaselles para que no termo improrrogable de nove días comparezan en autos en legal forma, mediante procurador e letrado e se opoñan á execución se lles conviñese, facendo constar que as copias da demanda e documentos se atopan nesta secretaría á súa disposición e apercibíndoos de que, de non compareceren, serán declarados en rebeldía, seguindo o preito o seu curso sen volvelo citar nin facerlle outras notificacións que as que determine a lei.

Sen previo requirimento de pagamento procedeuse ó embargo dos seguintes bens:

Parte proporcional do soldo que perciba José Antonio Meleiro Rodríguez, da Dirección Xeral de Policía.

E para que conste e lles sirva de citación ós demandados en paradoiro descoñecido, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o oito de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

284