Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 875

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (511/1988).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela. Certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta o auto recaído nos autos de suspensión de pagamentos número 511/1988, cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Auto. No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela tramítanse autos de suspensión de pagamentos número 511/1988, por instancia de Paragüeras del Noroeste (Panosa), comerciante desta praza, representada polo procurador Caamaño Queijo.

Decido. Declárase o sobresemento deste expediente no estado en que se atopa; notifíqueselles ás partes comparecidas e ó Ministerio Fiscal, comuníqueselles esta resolución por medio de oficio ós demais xulgados de igual clase desta cidade e a aqueloutros ós que igualmente se lles comunicou a solicitude inicial, así como ó Rexistro Mercantil desta provincia mediante mandamento por duplicado; e publíquese no Diario Oficial de Galicia, nos xornais La Voz de Galicia e El Correo Gallego e fíxese un exemplar no taboleiro de anuncios deste xulgado; e cese a intervención nomeada no prazo que determina o penúltimo parágrafo do artigo 13 da Lei de suspensión de pagamentos.

Así, por este meu auto, dispóñoo, mándoo e asínoo. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial».

O secretario xudicial

Rubricado

188