Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 1997 Páx. 835

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 22 de novembro de 1996, da Delegación de Xaén, de notificación ós debedores en paradoiro descoñecido.

Isidoro Mora Rayo, xefe da Unidade de Recadación da Delegación da AEAT de Xaén, segue procedemento de constrinximento polo concepto, localidade, exercicio e importes que se indican, contra o debedor á Facenda Pública que figura na relacióna adxunta.

Resultando descoñecido o domicilio do debedor indicado ou por se ausentar del non foi posible notificarlle, segundo determina o artigo 103 do Regulamento xeral de recadación, R.D. 1684/1990, do 20 de decembro, BOE nº 3, do 3-1-1991, a providencia dictada polo xefe da dependencia de recadación, que ten o literal seguinte:

«Providencia: en uso das facultades que me confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación declaro incurso o importe da débeda no recargo do 20% e dispoño que se proceda executivamente contra o patrimonio do debedor de acordo cos preceptos do dito regulamento».

O que se lle notifica ó debedor e ós interesados por medio de edictos que se publicarán no taboleiro de anuncios da alcaldía do último domicilio coñecido e no BOP, conforme establece o artigo 103.3º do citado corpo legal. Ó mesmo tempo é requirido para que no prazo de oito días se constitúa en parte no expediente, por si ou por medio de representante, coa advertencia de que se non o fixese será tido por notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que remate a substanciación do procedemento, sen prexuízo do dereito que os asiste a comparecer.

Recursos: de reposición, no prazo de quince días, ante a dependencia de Recadación da delegación da AEAT da dita provincia, ou reclamación económico-administrativa, no mesmo prazo ante o tribunal da dita xurisdicción, ámbolos prazos contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOP.

Advertencia: o procedemento de constrinximento, aínda que se interpoña recurso, só se suspenderá nos termos e condicións establecidos no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación.

Solicitude de aprazamento: conforme establece o citado regulamento no artigo 48 e seguintes no R.D. 448/1995, do 23-3-1995 (BOE nº 71, do 28-3-1995), a presentación de solicitudes poderá efectuarse tanto na delegación como na Administración correspondente da axencia.

Liquidación de xuros de demora: efectuado o ingreso da liquidación, o organismo de orixe da débeda fará a correspondente liquidación dos xuros de demora que ocasione o procedemeanto, unha vez transcorrido o prazo de ingreso.

Xaén, 22 de novembro de 1996.

O xefe da Unidade de Recadación

Rubricado

Relación que se cita

Datos do contribuínte: A23043029.

Artesanía Dossier, S.A. Baja Prov.

Avda. Exército Español, 22, Xaén.

Concepto: Sanción exp.:

Descrición: 1993/OR995.

Obx. Trib.: Liq. 008961000.

Clave liquidación: C1100096150043649.

Importe: 30.000.

D. Pro. Ap.: 15-5-1996.

9517