Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 1997 Páx. 832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

AVISO do 20 de decembro de 1996, da Xefatura de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a toma de posesión provisional de predios da zona de concentración parcelaria da zona de San Vicente do Pino (O Pino-A Coruña).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de San Vicente do Pino (O Pino-A Coruña) e non excedendo o número de recursos presentados e pendentes do seis por cento dos titulares das explotacións, nin representando os reclamantes máis do dez por cento da superficie concentrada, a Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, resolveu dar posesión provisopmañ dos novos predios. A dita toma de posesión e obrigatoria para tódolos interesados e enténdese sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen(artígo 44 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Os interesados poderán reclamar ante esta xefatura (edificio administrativo, praza Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña) acompañando dictame pericial, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que conste no expediente de concentración, dentro dos trinta días seguintes ó da publicación do presente aviso no Diario Oficial de Galicia (artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Para os oportunos efectos establécense os seguintes prazos de toma de posesión:

a) Labradío sen colleita pendente, prados e pastos o día seguinte ó da publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia.

b) Os restantes predios, no momento de ser retiradas as colleitas que estiveran pendentes de recolleita no día antes citado.

c) En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre achegante e adxudicatario; en caso con

trario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de achega dentro dos catro meses seguintes á publicación do presente aviso no Diario Oficial de Galicia, logo da petición á Xefatura de Servicio de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso e o informe favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura no caso de ser especies autóctonas protexidas. Transcorrido o referido prazo entenderase que pertencen ó propietario do novo predio.

A Coruña, 20 de decembro 1996.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe de Servicio de Estructuras

e Desenvolvemento Rural da Coruña

250