Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 1997 Páx. 831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do procedemento sancionador de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres 96/0008 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-la resolución dos procedementos sanciona

dores por infraccióin da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.166/2 de Caixa Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo dun mes, contado, igualmente, a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 2 de xaneiro de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Procedemento sancionador número: EN 96/0008.

Denunciado: Ángel Francisco Carralero Pardo.

DNI: 274.602.

Último enderezo coñecido: r/ Sabadell, 217, Madrid.

Feitos denunciados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.

Tipificación infrancción Lei 4/1989 de CEN:

-Artigo infrinxido: 38.13º.

-Cualificación infracción: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

Procedemento sancionador número: EN 96/0011.

Denunciado: Carlos del Río Vizcayno.

Último enderezo coñecido: r/ Romeral, 1, As Rozas, Madrid.

Feitos denunciados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.

Tipificación infrancción Lei 4/1989 de CEN:

-Artigo infrinxido: 38.13º.

-Cualificación infracción: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

Procedemento sancionador número: EN 96/0017.

Denunciado: Guillermo Catoira Sánchez.

DNI: 34.897.397.

Último enderezo coñecido: Pol. Elviña 2ª fase 3-4º D, A Coruña.

Feitos denunciados: acampar en lugar prohibido.

Tipificación infrancción Lei 4/1989 de CEN:

-Artigo infrinxido: 38.3º.

-Cualificación infracción: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

Procedemento sancionador número: EN 96/0060.

Denunciada: Mª Isabel Allo López.

DNI: 33.275.356.

Último enderezo coñecido: r/ Fernando Quiroga, 17-1º Esq., A Coruña.

Feitos denunciados: acampar en lugar prohibido.

Tipificación infrancción Lei 4/1989 de CEN:

-Artigo infrinxido: 38.3º.

-Cualificación infracción: leve.

Sanción: 25.000 ptas.

169