Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:
-Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.
-Enderezo social: r/ Tte. Xral. Gómez Zamalloa 9-1º, 15005 A Coruña.
-Denominación: L.M.T. a C.T. Igrexario-Coiro, parroquia de Coiro.
-Situación: Laracha.
-Descricións técnicas: reforma L.M.T. a C.T. Igrexario-Coiro a 15/20 kV, en conductor LA-30 de 578 m de lonxitude, que parte da L.M.T. Cillobre-Centulle-Xesta (Expte. 50.422) e remate no C.T. Igrexario-Coiro. Concello de Laracha.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 4 de decembro de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
97-9570