Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 1997 Páx. 718

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa para a conducción e subministración de gas propano no termo municipal de Arzúa (A Coruña).

Para os efectos previstos no artigo 7º da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos e no artigo 11º do Regulamento xeral de servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/73 do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de concesión administrativa:

Peticionario: Repsol Butano, S.A., con enderezo en r/ Arcipreste de Hita, 10, 28015 Madrid.

Obxecto da petición: concesión administrativa para o servicio público de distribución e subministración de gas propano comercial, no térmo municipal de Arzúa, na provincia da Coruña, de conformidade co proxecto presentado para o efecto, o cal se concretará posteriormente, co oportuno detalle no proxecto para a autorización das instalacións.

Descrición das instalacións:

-Estación de GLP, composta por 2 depósitos cunha capacidade total de almacenamento de 99 m, dotada de equipo de gasificación, regulación e trasvase axeitados ás necesidades de consumo.

-Rede de distribución, deseñada para a súa intercambiabilidade co gas natural, cunha lonxitude de 5.521 m, e construída con encanamento de polietileno de media densidade, de diversos diámetros segundo as necesidades de consumo, que transcorrerá soterrada na sua totalidade.

Área da concesión: o concello afectado pola solicitude de concesión é Arzúa, na provincia da Coruña.

Orzamento: dezaoito millóns de pesetas (18.000.000 de ptas.).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio,

podendo examina-lo proxecto de concesión na Dirección Xeral de Industria, edificio San Caetano, en Santiago de Compostela, así como na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio, na Coruña.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

125