Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 1997 Páx. 712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 161-1/1996).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. na r/ Reus, nº 1.

Situación: Carballo.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 15/20 kV de 240 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm, que parte da L.M.T. existente denominada a C.T. instituto e final no C.T. que se construirá na r/ Reus nº 1 baixo, de 630 kVA a 15/20 kV-B. Concello de Carballo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 19 de novembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-95