Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 1997 Páx. 711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 405/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de C.T. e R.B.T. en Anceu, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Eléctrica Los Molinos, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: nun poste de formigón existente da liña Ponte-Caldelas-Anceu, concello de Ponte-Caldelas.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-220/380 V. R.B.T., aérea, de 146 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Orzamento: 2.800.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 31 de outubro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

97-9048