Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 1997 Páx. 624

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1996, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade ó centro privado de educación especial Amencer de Pontevedra.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado de educación especial Amencer de Pontevedra no que solicita a ampliación dunha unidade no dito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola unidade técnica.

Vistos o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial (BOE do 16), a orde ministerial, do 30 de xaneiro de 1986 (BOE do 4 de febreiro), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitario (BOE do 26), o Decreto 320/1996, do 26 de xullo (DOG do 6 de agosto de 1996), e a disposición derradeira primeira do Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias (DOG do 22), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15-12-1995), polo que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que o centro reúne os requisitos necesarios de acordo coas disposicións vixentes na materia.

Esta dirección xeral resolveu:

Autorizarlle a ampliación dunha unidade ó centro privado de educación especial que se relaciona no anexo da presente resolución.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 1996.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO:

Provincia: A Coruña.

Concello: Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.

Enderezo: rúa Iglesias Vilarella s/n. Edificio-residencia baixo.

Denominación: Amencer.

Titular: Asociacion de Padres de Paralíticos Cerebrales Amencer.

Nivel: Educación especial.

Unidades de que constaba: 3 de motóricos.

Unidades novas autorizadas: 1 de motóricos.

Total de unidades autorizadas: 4 de motóricos.

9269