Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 1997 Páx. 609

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de xaneiro de 1997 pola que se regula a adecuación das autorizacións dos centros privados de formación profesional de primeiro grao autorizados ou con clasificación definitiva e mailas dos centros de formación profesional de segundo grao homologados para implanta-los ciclos formativos de grao medio.

O Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas de réxime xeral non universitaria, establece na súa disposición transitoria terceira que os centros de formación profesional de primeiro grao, que a entrada en vigor do citado real decreto teñan autorización ou clasificación definitiva, así como os centros de formación profesional de segundo grao clasificados como homologados, enténdense autorizados para imparti-los ciclos formativos de grao medio.

Esta autorización leva consigo que os centros teñan que adaptarse ó previsto no mencionado real decreto sobre número máximo de postos escolares, relación profesor/alumnos e titulación e especialización do profesorado.

O Real decreto 1487/1994, do 1 de xullo, na súa disposición adicional terceira, engade un apartado 6 á disposición transitoria terceira do Real decreto 1004/1991 polo que se autoriza o Ministerio de Educación e Cultura, logo da consulta ás comunidades autónomas con competencias plenas en materia educativa, a establecer, para efectos do parágrafo d) do apartado 1 da mencionada disposición transitoria, as equivalencias entre as profesións e especialidades de formación profesional de primeiro e segundo graos e os ciclos formativos de grao medio.

O dito real decreto establece así mesmo que a formación profesional de grao medio se implantará progresivamente segundo o calendario de aplicación da reforma o que obriga a que estea completamente xeralizada no curso 1999-2000.

O financiamento correspondente ós actuais concertos de formación profesional deberá manterse para os ciclos formativos de grao medio nas condicións que establece a disposición transitoria terceira da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

En consecuencia, con todo o anteriormente exposto esta consellería, de conformidade co establecido na disposición final primeira do mencionado Real decreto 1487/1994,

DISPÓN:

Primeiro.-Conforme o establecido nos reais decretos polos que se definen os títulos dos ciclos for

mativos de grao medio, as equivalencias entre as ensinanzas de formación profesional de primeiro e segundo grao e os ciclos formativos de grao medio, para efectos da súa autorización, son as que se relacionan no anexo I da presente orde.

Segundo.-Os centros de formación profesional de primeiro e segundo grao, que transformen unidades de formación profesional en grupos de formación profesional específica para impartir ciclos formativos de grao medio, comunicaranlle á Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa os ciclos formativos que impartirán, así como o número de grupos de cada ciclo, aténdose ás equivalencias que figuran no anexo I, co fin de adecua-la súa autorización ás novas ensinanzas. O número de unidades de formación profesional que se transformen non poderá ser superado polo número de grupos de ciclos formativos que se van impartir.

Terceiro.-A comunicación formularase segundo o anexo II da presente orde.

Cuarto.-A composición resultante dos centros que se transformen segundo o sinalado nos artigos anteriores será publicada mediante resolución da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa no Diario Oficial de Galicia.

Quinto.-O número de grupos de ciclos formativos e o número de unidades de formación profesional que se sigan impartindo en réxime de concerto non poderán exceder do número equivalente de unidades concertadas da actual formación profesional.

Sexto.-Os centros que se acollan ó establecido na presente orde deberán cumpri-los currículos e normas de réxime académico correspondentes ás novas ensinanzas.

Disposicións finais

Primeira.-Facúltase a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las normas que fosen necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Autorización para impartir ciclos formativos de grao medio, aténdose ós reais decretos que definen os correspondentes títulos.

Centros privados autorizados para impartir formación profesional de primeiro grao e centros privados homologados para impartir formación profesional de segundo grao da rama de formación profesional.Autorización para imparti-las seguintes ensinanzas de familia profesional (ciclos formativos de grao medio).

Administrativa e Comercial:

Calquera profesión ou especialidade:

Administración:

Xestión administrativa.

Comercio e márketing:

Comercio.

Agraria:

Calquera profesión ou especialidade:

Actividades agrarias:

Explotacións agrarias extensivas.

Explotacións agrarias intensivas.

Explotacións gandeiras.

Xardinería.

Traballos forestais e de conservación do medio natural

Agraria:

Calquera especialidade:

Industrias alimentarias:

Matadoiro e carnicería-chacinería.

Conserveira vexetal, cárnica e de peixe.

Elaboración de aceites e zumes.

Elaboración de productos lácteos.

Elaboración de viños e outras bebidas.

Muiñeiría e industrias cerealistas.

Panificación e repostería.

Artes gráficas:

Calquera profesión ou especialidade:

Artes gráficas:

Encadernación e manipulados de papel e cartón.

Impresión en artes gráficas.

Preimpresión en artes gráficas.

Automoción:

Calquera profesión ou especialidade:

Mantemento de vehículos autopropulsados:

Carrocería.

Electromecánica de vehículos.

Construcción e obras:

Calquera profesión ou especialidade:

Edificación e obra civil:

Acabados de construcción.

Obras de albanelería.

Obras de formigón.

Operación e mantemento de maquinaria de construcción.

Electricidade e electrónica:

Calquera profesión ou especialidade:

Electricidade e electrónica:

Equipos electrónicos de consumo.

Equipos e instalacións electrotécnicas.

Mantemento e servicios á producción:

Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e conducción de liñas.

Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e producción de calor.

Mantemento ferroviario.

Hostelería e turismo:

Calquera profesión ou especialidade:

Hostelería e turismo:

Cociña.

Pastelería e panadería.

Servicios de restaurante e bar.

Imaxe e son:

Calquera profesión ou especialidade:

Comunicación, imaxe e son:

Laboratorio de imaxe.

Madeira:

Calquera profesión ou especialidade:

Madeira e moble:

Fabricación a medida e instalación de carpintería e moble.

Fabricación industrial de carpintería e moble.

Transformación de madeira e cortiza.

Marítimo-pesqueira:

Calquera profesión ou especialidade:

Actividades marítimo-pesqueiras:

Mergulladura de media profundidade.

Operación, control e mantemento de máquinas e instalacións do buque.

Operacións de cultivo acuícola.

Pesca e transporte marítimo.

Metal:

Calquera profesión ou especialidade:

Fabricación mecánica:

Fundición.

Mecanizado.

Soldadura e caldeirería.

Tratamentos superficiais e térmicos.

Mantemento e servicios á producción:

Mantemento ferroviario.

Moda e confección:

Calquera profesión ou especialidade:

Téxtil, confección e pel:

Confección.

Perruquería e estética:

Calquera profesión ou especialidade:

Imaxe persoal:

Caracterización.

Estética persoal decorativa.

Perruquería.

Pel:

Calquera profesión ou especialidade:

Téxtil, confección e pel:

Calzado e marroquinería.

Química:

Calquera profesión ou especialidade:

Química:

Laboratorio.

Operacións de fabricación de productos farmacéuticos.

Operacións de proceso de pasta e papel.

Operacións de proceso en planta química.

Operacións de transformación de plásticos e caucho.

Química:

Calquera especialidade:

Industrias alimentarias:

Elaboración de productos lácteos.

Sanitaria:

Calquera profesión ou especialidade:

Sanidade:

Coidados auxiliares de enfermería.

Farmacia.

Téxtil:

Calquera profesión ou especialidade:

Téxtil, confección e pel:

Operacións de ennobrecemento téxtil.

Producción de fiadura e tecedura de calada.

Producción de tecidos de punto.

Vidro e cerámica:

Calquera profesión ou especialidade:

Vidro e cerámica:

Operacións de fabricación de productos cerámicos.

Operacións de fabricación de vidro e transformados.

0242