Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 1997 Páx. 601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 5 de decembro de 1996, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de prego de cargos en expedientes sancionadores (C-1401/1996 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro de 1992), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, pregos de cargos en expedientes sancionadores, instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de

maio e BOE do 30 de setembro), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen do prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poder examina-los expedientes na Delegación Comarcal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Ferrol (praza de España, 2-2º), e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4 da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: C-1401/1996.

Denunciado: Roberto Julio Mahía Pedre.

Domicilio: Paseo Marítimo, Edif. Ois-3º B - A Coruña.

Nº de expediente: C-1438/1996.

Denunciado: José Luís Fernández Savedra.

Domicilio: Avda. Cooperación, 13, P. 2, Viv. S. Valentín - Fene.

Nº de expediente: C-1624/1996.

Denunciado: Manuel Grandal Fernández.

Domicilio: San Roque, 17 baixo Esq. - Narón.

Nº de expediente: C-1816/1996.

Denunciado: Juan Benigno Bustabad Freire.

Domicilio: Xeneralísimo, s/n - Cedeira.

A Coruña, 5 de decembro de 1996.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

0008