Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 1997 Páx. 601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 18 de decembro de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Ricardo número 1, a favor de Ricardo Pérez Dieste.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31 de maio de 1993), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do servicio técnico-xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea:Ricardo nº 1.

Cultivo:mexillón.

Localización:Caramiñal E, cuadrícula nº 79.

Data da concesión: 10-1-1968.

Data do remate da última prórroga: 22-1-1998.

Anterior concesionario: Ricardo Pérez Romero e Flora Dieste Saborido.

Novo titular da concesión e batea: Ricardo Pérez Dieste.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 18 de decembro 1996.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

0007