Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 1997 Páx. 592

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 1997 pola que se convoca un curso de reciclaxe para policías locais.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1997, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso de reciclaxe para policías locais, segundo o previsto no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, que deberá desenvolverse conforme ás seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivos dota-los policías dunha formación complementaria en materia de actualización policial, que lles sexa útil no desempeño posterior da súa profesión.

Destinatarios.

O curso vai dirixido a todos aqueles policías locais de Galicia que non ingresasen no corpo de policía local a través da Academia Galega de Seguridade.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta, debéndose comunicar esta, antes do 10 de febreiro de 1997 para efectua-la correspondente reserva de praza.

Prazas.

Sen límite.

Solicitudes.

1. Os policías que desexen asistir a este curso deberán remitir un escrito, a través do concello, á Academia Galega de Seguridade, solicitando a participación no curso de reciclaxe para policías locais, para efectua-la correspondente reserva de praza para a realización do devandito curso.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 10 de febreiro de 1997.

3. Os escritos deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4 polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela.

Contido e duración.

O curso celebraráse na Academia Galega de Seguridade os xoves en horario de mañá e tarde, tendo unha duración de 180 horas lectivas.

O curso está composto polas seguintes áreas:

-Área xurídica.

-Área humanística.

-Área técnica policial.

-Área operativa policial.

Datas.

O curso iniciarase no vindeiro mes de marzo de 1997, quedando por determina-la súa data de comezo, que se comunicará coa suficiente antelación.

O horario será de 10 a 14 horas, e de 16 a 20 horas.

Desenvolvemento do curso.

Os alumnos da Academia Galega de Seguridade durante o seu período de permanencia na academia rexeránse polo regulamento de réxime interior desta, publicado no DOG do 28-07-1995, nº 144.

Certificado.

Ó remate do curso entregaráselles un certificado a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a este, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso e que superen as correspondentes probas de coñecementos.

Este curso habilitará os cabos para o ascenso á categoría de sarxento con dispensa de grao, segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais de Galicia.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 1997.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridad

186