Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 563

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

EDICTO do 2 de decembro de 1996 polo que se publica o acordo de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 28 de novembro de 1996, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal nos usos sanitarios.

Contra o presente acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de dous meses contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a este concello.

O Carballiño, 2 de decembro de 1996.

O alcalde

Rubricado

0097