Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 563

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

Ó abeiro do disposto no artigo 49.1º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas, esta alcaldía, por Decreto do 7 de xaneiro do ano que corre, resolveu prorrogar en cinco días hábiles, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o prazo de exposición pública do estudio de detalle promovido por Antonio Serra Trobo e por César García González, en representación de César García, S.L. para a zona de Lodeiro, entre a Avda. de Ramón Canosa e a prolongación

da rúa Ribadeo, pasada a estación de carburantes e antes da ponte do ferrocarril.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Viveiro, 8 de xaneiro de 1997.

O alcalde

Rubricado

9419