Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 561

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BRIÓN

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 27 de novembro de 1996, adoptou por unanimidade o acordo de aprobar definitivamente a modificación nº 2 das normas subsidiarias de planeamento municipal do Concello de Brión, relativa ó balneario do Tremo, nos Ánxeles, modificación que se concreta no seguinte texto:

Ordenación específica nº 10.

Denominación: zona pendente de plan especial.

Definición: zonas que necesitan dunha maior concreción ordenadora, ben por problemas de deseño, ben por problemas de cesión de terreos, ou por ámbalas dúas razóns.

Normativa aplicable: será de aplicación na zona o disposto nas condicións pactadas no convenio urbanístico mellorado, asinado entre a propiedade dos terreos e o concello de Brión, que se incorpora á presente modificación, convenio que contén as mesmas condicións de edificabilidade que figuraban nas NSMB e que xa se recollían no convenio asinado o 25 de outubro de 1989 (0,5 metros cadrados por metro cadrado, cun máximo de 12.400 metros cadrados construíbles), pero incrementa os espacios libres de uso e dominio público para cederlle ó concello, pasando dun mínimo de 3.000 metros cadrados a un mínimo de 7.000 metros cadrados; e incorpora, ademais dos xa previstos, a autorización dos usos residenciais de 1ª e 2ª categoría, así coma o comercial, o sanitario-asistencial e o de garaxe-aparcamento, facéndoo coas intensidades que figuran, así mesmo, no convenio citado que se xunta, suprimindo, por innecesaria, a esixencia de superficies máximas para as unidades edificatorias de calquera dos

usos previstos no convenio.

Non se modifica a altura máxima (AMR) das edificacións permitidas na zona, que seguirá sendo de 12,5 metros, fixándose en 14 m a AMP. Fíxase como número máximo de andares o de 4 (PB+3 PP.AA.), autorizándose tamén aquí a utilización do baixo cuberta que con carácter xeral se permite en todo o concello, nas condicións fixadas nas NSMB.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Brión, 29 de novembro de 1996.

José Luis García García

Alcalde

9387