Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 557

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1996 pola que se anuncia concurso público procedemento aberto, para a adxudicación da obra que se indica.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Número de expediente: 415/1996.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: aparcamento para a biblioteca central da Universidade de Vigo no campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

b) Lugar de execución: As Lagoas-Marcosende.

c) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 49.919.700 pesetas.

5. Garantías:

-Provisional: 998.394 ptas.

-Definitiva: 1.996.788 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1-2º andar.

c) Localidade e códico postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: (986) 81 35 71.

e) Telefax: (986) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación esixible:

Grupo G, subgrupo 6, categoría E.

Grupo I, subgrupo 1, categoría C.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/ Oporto nº 1-planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Sala de Xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1-1ªplanta.

c) Localidade: Vigo 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 30 de decembro de 1996.

(P.D. R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

97-219