Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1996 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación do concurso polo procedemento aberto dun contrato de subministración e instalación de material informático para o Instituto Galego de Consumo.

Entidade adxudicataria: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Número de expediente: 11/1996.

Obxecto do contrato: subministración dos equipos e aplicacións informáticas para a instalación dunha rede de área local (LAN) que lles dea soporte ós servicios centrais do Instituto Galego de Consumo.

Tipo de contrato: subministración:

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 6 de novembro de 1996.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: sete millóns trinta mil novecentas sesenta e tres pesetas (7.030.963 ptas.).

Adxudicación:

Data: 13 de decembro de 1996.

Contratista: Coremain, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: seis millóns novecentas noventa mil pesetas (.6.990.000 ptas).

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 1996.

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instituto Galego de Consumo

97-218