Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA do 28 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución de expediente sancionador 15-032/96 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente 15-032/96 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso ordinario perante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes a partir desta notificación.

Se non se recorrese contra ela no dito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva, en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles en calquera entidade financeira, na conta nº 3110000179 da Caixa Galicia (2091), urbana 10 (0011) da Coruña.

Expediente: 15-032/96.

Inculpado: Tomás Piñeiro e Hijos.

Domicilio: Dr. Fleming, 10-12, A Coruña.

Sanción e motivos: 40.000 ptas., reparacións non autorizadas polo cliente.

Data da resolución: 29 de agosto de 1996.

A Coruña, 28 de novembro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo

9586