Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 1997 Páx. 456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

1. Obxecto do contrato.

É a prestación do servicio de mantemento do campo Mundial-82 e instalación anexas.

2. Prezo do contrato.

O prezo do contrato será o que oferte o adxudicatario do concurso, sendo o prezo de partida de 1.200.000 ptas./anuais, que poderán ser rateadas mensualmente a razón de 100.000 ptas./mensuais.

3. Prazo do contrato.

A duración deste contrato será desde o día da súa sinatura e estenderase ata as 24 horas do 31 de decembro de 1997, sendo prorrogable por anos sucesivos, conforme prego de condicións.

4. Garantías provisional e definitiva.

A garantía provisional será de 24.000 ptas.

A garantía definitiva será do 4% do prezo de adxudicación que resulte considerado para un ano.

5. Proposicións.

As proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral) en man, das 9.30 ás 13.30 horas, durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no DOG e no BOP (último que se produza).

As proposicións axustaranse ó modelo que consta no prego de condicións.

6. Documentación.

Os licitadores, xunto coa súa proposición presentarán a documentación á que se refire a cláusula XI do prego de condicións (cláusulas administrativas) e nos sobre que figuran nesta.

7. Apertura de plicas.

Terá lugar no salón de sesións do concello, ás 13 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que a mesa de contratación proceda á apertura dos sobres de documentación.

8. Prego de condicións.

Está a disposición dos interesados na secretaría da casa do concello, tódolos días laborais, durante as horas de oficina, agás o sábado.

De conformidade co disposto no artigo 122 do R.D.L. 781/1986, os pregos de condicións expóñense ó público polo prazo de oito días, contados a patir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP, para que poidan presentarse reclamacións, anunciándose asemade o concurso público, se ben a licitación se aprazará cando resulte necesario no caso de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Vilagarcía de Arousa, 17 de decembro de 1996.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde