Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 1997 Páx. 455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle, promovido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para a ordenación de volumes da parcela número 3 do campus universitario con destino á facultade de ciencias sociais.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do día 28 de novembro de 1996, adoptou o seguinte acordo: aprobar, con carácter definitivo, o estudio de detalle,

urbanización e ordenación de volumes da parcela número 3 do campus universitario en desenvolvemento do plan especial de reforma interior da unidade de actuación número 19 do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana de Pontevedra, tendo formulado ese estudio a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e redactado polo enxeñeiro xefe do Servicio de Proxectos e Construcción desa consellería, Carlos Lefler Gullón.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte ó desta publicación, logo da comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontevedra, 3 de decembro de 1996.

Julio Dapena OutomuroJuan Luis Pedrosa Fernández

Secretario xeralAlcalde

9718