Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 1997 Páx. 376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da parcela sita na esquina das rúas Cobián Roffignac e Santa Clara, e convento do mesmo nome, resultante da modificación da UA 6 do PXOU e subrogación en convenio urbanístico.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o 16 de decembro de 1996, aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización da parcela resultante da modificación puntual do PXOU no extinto ámbito da unidade de actuación número 6, delimitada pola rúa Cobián Roffignac esquina á rúa Santa Clara e convento do mesmo nome, documento de obras promovido, mediante iniciativa particular, por Lagar de Saín, S.A., en subrogación aceptada neste acordo dos dereitos e obrigas de Del Corral y Anciles, S.L. e redactado polos arquitectos Bouzas Cavada e del Campo Navarro, con visado colexial do 28-10-1996, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo de quince días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do concello (rúa Dona Teresa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 20 de decembro de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

s