Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 1997 Páx. 375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada para a contratación dunha subministración de cánulas de traqueotomía e outras para 1997 (C.P. 4/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de cánulas de traqueotomía e outras para 1997.

Orzamento: 12.624.200 ptas.

Garantía provisional: 252.484 ptas.

-Lote 1: cánula Laring. Prata 6,7 e 8.

Orzamento: 946.200 ptas.

Garantía provisional: 18.924 ptas.

-Lote 2: cánula traqueotomía con fenestra sen balón do nº 4, 6, e 8 e sen fenestra e sen balón do nº 6 e 8.

Orzamento: 4.620.000 ptas.

Garantía provisional: 92.400 ptas.

-Lote 3: cánula traqueotomía con balón e baixa presión do nº 7, 8, 9 e 10.

Orzamento: 4.278.000 ptas.

Garantía provisional: 85.560 ptas.

-Lote 4: cánula traqueotomía silicona 8, 9 e 10.

Orzamento: 1.980.000 ptas.

Garantía provisional: 39.600 ptas.

-Lote 5: cánula Asp. Int. Jankauer. 07.

Orzamento: 800.000 ptas.

Garantía provisional: 16.000 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada.

II. plazo de entrega: a primeira entrega ós quince días desde a notificación da adxudicación ó contratista. O resto segundo as necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións.

III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

IV. Solvencia económica e tecnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 60%.

Calidade dos materiais: 20%.

Servicio técnico da subministración: 20%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: a proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 9 de decembro de 1996.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

0059