Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 1997 Páx. 316

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 27 de decembro de 1996 pola que se anuncia a apertura do prazo de presentación de solicitudes para a cobertura de postos de traballo, mediante contratacións laborais de carácter temporal dedicadas á realización de traballos ocasionais de carácter silvícola e medioambiental.

Tódolos anos a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes vén realizando traballos concretos, de carácter ocasional, consistentes fundamentalmente en tratamentos selvícolas e accións tendentes á preservación, conservación e mellora dos espacios naturais, no ámbito da nosa Comunidade.

A índole dos labores que se proxecta realizar, de carácter estrictamente agrario, e a súa dependencia directa co espacio físico no que se desenvolven, caracteriza de forma diferenciada e excepcional as contratacións laborais necesarias para levalas a efecto, de xeito que o persoal elixido ten necesariamente que ser coñecedor, dunha parte, dos distintos extremos da actividade agraria e, doutra, do ámbito territorial concreto, no que se proxectan os traballos.

A referida especialidade destas contratacións laborais e o feito de que as tarefas que hai que cumprir consisten en traballos concretos dirixidos á realización de obras determinadas para desenvolver ó longo do ano, fai necesario dispoñer de

listas de persoas capacitadas, que reúnan os requisitos mencionados, coas que, para á consecución da axilidade e celeridade precisas, se poida contar a medida que vaia xurdindo a necesidade de realización dos distintos traballos.

Polo exposto, de conformidade cos artigos 27 nº 10 e 30 e 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, así como co establecido no Decreto 205/1990, do 15 de marzo, e a súa modificación operada polo Decreto 251/1994, do 29 de xullo, en virtude da Orde do 13 de decembro de 1993 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. O obxecto desta convocatoria é a elaboración de listas coas persoas interesadas na cobertura temporal de postos de traballo naqueles servicios dependentes desta consellería que leven a cabo traballos ocasionais de carácter forestal e medioambiental.

2. Para estes efectos, elaboraranse listas ordenadas de xeito prelativo, de conformidade coas previsións, relativas ós ambitos funcionais e territoriais, categorías e número máximo de efectivos que se prevexa contratar, establecidas no anexo III da presente orde.

A continuación detállanse, en relación cos servicios da consellería que as van utilizar, as distintas categorías, así como os requisitos esixidos para acceder a cada unha delas:

Servicios de Montes e Industrias Forestais.

-Técnico de apoio.

Requisitos: titulación de enxeñería de montes ou enxeñeria técnica forestal.

-Xefe de brigada.

Requisitos: titulación de capataz forestal ou 27 meses de experiencia acreditada na Administración ou 36 meses na empresa privada en postos da mesma ou análoga categoría.

-Peón forestal.

Servicios de Medio Ambiente Natural.

-Técnico de apoio.

Requisitos: titulación de enxeñería de montes, enxeñería técnica forestal, biolóxicas ou veterinaria.

-Xefe de brigada.

Requisitos: titulación de capataz forestal ou 27 meses de experiencia acreditada na Administración ou 36 meses na empresa privada en postos da mesma ou análoga categoría.

-Garda rural de vixilancia e mantemento.

Requisitos: certificado de escolaridade ou 18 meses de experiencia acreditada na Administración ou 27 meses na empresa privada en postos da mesma ou análoga categoría e posesión do carné de conducir B-1.

-Peón forestal.

Centro de Investigacións Forestais de Lourizán.

-Técnico de apoio.

Requisitos: titulación de enxeñería de montes, enxeñería técnica forestal ou biolóxicas.

-Xefe de brigada.

Requisitos: titulación de capataz forestal ou 27 meses de experiencia acreditada na Administración ou 36 meses na empresa privada en postos da mesma ou análoga categoría.

-Peón forestal.

Artigo 2º

Os interesados presentarán as súas solicitudes, segundo o modelo previsto no anexo I, no prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación no DOG desta orde, nas dependencias das respectivas delegacións provinciais da consellería, así como en calquera dos rexistros e oficinas enumeradas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Artigo 3º

Cada persoa só poderá presentar unha única solicitude referida a un só servicio, e dentro del a un só distrito, zona ou provincia, segundo corresponda, e a unha soa categoría profesional, conforme o anexo III citado; o incumplimento do anterior será causa de exclusión de tódalas solicitudes formuladas.

Para tal efecto, coa solicitude deberá xunta-la seguinte documentación:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade.

b) Fotocopias cotexadas dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos fixados para as distintas categorías profesionais previstas, así como as dos méritos referenciados no anexo II, significándose que, en canto a estes últimos, só serán valorados aqueles que resulten acreditados suficientemente.

Artigo 4º

As solicitudes correctamente presentadas serán analizadas baixo a dirección e supervisión da comisión de avaliación constituída en cada provincia, que estará composta por sete membros, dos que tres serán desinados polo comité de empresa correspondente, e os outros catro pola secretaría xeral da consellería.

As listas serán elaboradas segundo os distintos ámbitos funcionais e territoriais e categorías pro

fesionais recollidas no anexo III desta orde, ordenando ós aspirantes, de acordo coa puntuación obtida trala aplicación do baremo previsto no anexo II, prelativamente.

Artigo 5º

As listas confeccionadas expoñeranse nos taboleiros de anuncios das distintas delegacións provinciais da consellería, así como nos das súas oficinas comarcalizadas dos Servicios de Montes e Industrias Forestais e do Medio Ambiente Natural correspondentes, e no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán.

Artigo 6º

1. Conforme vaia sendo necesaria a contratación de persoal para a realización dos traballos, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes chamará, pola súa orde estricta, o persoal que figure nas respectivas listas, o cal, polo carácter estrictamente agrario dos labores que se van desenvolver, estará sometido ó réxime especial agrario da Seguridade Social.

2. Para o chamamento con cargo ás listas correspondentes ós distritos do Servicio de Montes e Industrias Forestais terase en conta a seguinte particularidade:

No suposto de realización de traballos nun monte veciñal en man común, establécese a seguinte orde de prioridade para ser contratado:

1º Comuneiros do monte.

2º Familiares dos comuneiros ata o segundo grao de parentesco que sexan residentes na parroquia ou lugar titular do monte.

En cada un destes supostos, a prelación na contración farase estrictamente pola puntuación que cada un deles teña na correspondente lista.

3. Para a contratación con cargo á lista de técnicos de apoio, o chamamento levarase a cabo conforme a titulación académica requirida pola cobertura temporal de que se trate.

4. No caso de producirse empate na puntuación de dous ou máis aspirantes, unha vez aplicado o baremo de méritos citado coa particularidade devandita, aquel resolverase en función da obtida no apartado relativo á experiencia profesional, e, de persistir aínda o dito empate, en razón á puntuación obtida no apartado relativo ás circunstancias persoais.

5. Para o chamamento poderase utilizar calquera medio, e no suposto de que o empregado non fose suficiente, practicarase por aqueloutros que permitan ter constancia da súa recepción polo interesado no prazo máis breve posible.

A contestación ó devandito chamamento deberá producirse no prazo máximo de 48 horas desde a súa recepción. Transcorrido este sen producirse,

consideraranse decaídos ós interesados no seu dereito, sendo eliminados da correspondente relación.

Excepcionalmente, salvo nas contratacións das zonas especiais dos Servicios de Medio Ambiente Natural, os interesados poderán comunica-lo seu desestimento ó chamamento efectuado, sin perde-lo posto na lista correspondente, no caso de que tivesen que realizar un desprazamento para acudir ó lugar onde se realicen os traballos superior a 20 quilómetros en liña recta, contados desde a localidade de residencia, estando excluídos deste suposto os residentes no propio concello onde se leven a cabo os traballos.

6. Os interesados no momento de responderen ó chamamento deberán achegar certificado médico oficial acreditativo da súa idoneidade en relación coas respectivas funcións que vaian desenvolver, como requisito imprescindible para a súa efectiva contratación.

7. No caso de que nun distrito ou zona dos sinalados no anexo III, por circunstancias sobrevidas, non chegasen a realizarse os traballos previstos, as persoas incluídas nas listas correspondentes ó seu ámbito xeográfico incluiranse naqueloutras semellantes de distritos/zonas limítrofes onde están previstas execucións de traballos. Nestes supostos, no momento da inclusión das persoas afectadas nas novas listas, descontaráselles da puntuación traída a correspondente á circunstancia de residencia habitual, prevista no anexo II desta orde.

A preferencia na inserción nunhas determinadas listas dun distrito ou zona limítrofe respecto ás dos demais virá determinada polas necesidades e prioridades apreciadas polos servicios provinciais correspondentes que, non obstante, terán, dentro do posible, como criterio xeral logra-la máxima proximidade entre a residencia habitual dos solicitantes reinxeridos e o concello de realización dos traballos.

8. No suposto de esgotarse o persoal incluído na lista dun ámbito territorial determinado, seguirase a seguinte orde de chamamento:

-Persoal que figure nas listas de categoría superior do propio ámbito xeográfico.

-Persoal que figure nas listas de igual categoría no ámbito xeográfico máis próximo ó de realización dos traballos.

-Persoal que figure na lista de categoría superior do ámbito xeográfico máis próximo ó de realización dos traballos.

En todo caso, o persoal ó que se fai referencia anteriormente, non poderá ser excluído da súa lista se declina o chamamento no prazo establecido no segundo parágrafo do apartado cinco.

No suposto de persisti-la falta de persoal, solicitarase do INEM, de forma xenérica, un mínimo

de tres traballadores en situación de desemprego por cada unha das vacantes que se pretenda cubrir, dándolle tamén publicidade a esta petición no taboleiro de anuncios das delegacións provinciais para efectos da presentación de solicitudes, sendo o órgano de avaliación e o baremo os establecidos na presente orde.

9. Por necesidades do servicio debidas a circunstancias imprevisibles, o persoal contratado poderá, por proposta do servicio provincial correspondente e coa conformidade da delegación provincial, realiza-los seus labores en ámbitos xeográficos distintos a aquel ó que estivese adscrito. Do aquí indicado exclúense os comuneiros, se accederon á contratación en virtude de tal condición.

Artigo 7º

Sen prexuízo da posibilidade legal establecida de emenda en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, dos erros materiais, de feito, ou aritméticos existentes, tanto as bases da convocatoria como os actos derivados dela ou da actuación dos órganos de selección establecidos, poderán ser obxecto de impugnación polas persoas interesadas nos prazos e formas previstos nas normas procedementais e procesuais de aplicación.

Disposición transitoria

En tanto non sexan elaboradas as relacións de aspirantes seleccionados, a contratación do persoal imprescindible efectuarase utilizando as listas confeccionadas no ano 1996.

Disposición derradeira

A presente orde producirá efectos desde o día seguinte o da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 1996.

(P.D. Orde 13-12-1993)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO I

Modelo de solicitude para contratacións laborais temporais relativas a realización de traballos ocasionais de carácter silvicola e medioambiental.

1. Categoría profesional á que se opta (unha única categoría profesional).

2. Distrito, zona ou provincia, segundo se trate, no que se desexa traballar (un único ámbito territorial).

3. Datos e circunstancias persoais:

* Apelidos, nome e DNI:

* Enderezo (localidade e parroquia):

* Concello de residencia:

* Teléfono:

* Lugar e data de nacemento:

* Nº de afiliación á Seguridade Social:

* Desemprego (antigüidade):

* Nª de persoas sen ingresos ó seu cargo:

* Nº de persoas disminuidas ó seu cargo:

* Condición de comuneiro:

4. Datos academicos:

* Título oficial na especialidade do posto de traballo ó que se opta:

* Cursos:

* Denominación....................

* Grao de coñecemento do galego:

-Iniciación -Perfeccionamento

5. Experiencia profesional:

Servicios prestados en traballos forestais e/ou medioambientais na Xunta de Galicia (Servicio de Montes e Industrias Forestais, de Medio Ambiente Natural ou Centro de Investigacións Forestais de Lourizán) desde maio de 1983 na mesma ou análoga categoría á que se opta: anos .... meses .... días ....

Servicios prestados en traballos forestais e/ou medioambientais na Xunta de Galicia (Servicio de Montes e Industrias Forestais, de Medio Ambiente Natural ou Centro de Investigacións Forestais de Lourizán) desde maio de 1983 noutras categorías distintas á que se opta: anos .... meses .... días ....

Servicios prestados en traballos forestais e/ou medioambientais noutras administracións públicas na mesma ou análoga categoría á que se opta: anos .... meses .... días ....

Servicios prestados en traballos forestais e/ou medioambientais na empresa privada na mesma ou análoga categoría á que se opta: anos .... meses .... días ....

Asdo.:..................

Ilmo. Sr. Delegado Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en ........

ANEXO II

Baremo de meritos para as contratacións temporais relativas á realización de traballos ocasionais de carácter selvícola e medioambiental.

1. Datos e circunstancias persoais:

A) Residencia habitual en calquera dos concellos do distrito, zona ou provincia á que se opta (xustificada mediante certificación do padrón municipal): 2.00 puntos.

B) No caso de espacios naturais protexidos ou reservas nacionais de caza, residencia habitual ou tenza de propiedades no ámbito territorial deles (xustificada mediante certificación do padrón municipal ou documento acreditativo da propiedade): 5 puntos.

C) No caso de contratación para o Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, residencia habitual nos concellos de Pontevedra, Poio, Barro, Campo Lameiro, Ponte-Caldelas, Cotobade, Soutomaior, Vilaboa, Meis e Marín: 2.00 puntos.

D) Desemprego:

Por cada mes acreditado como demandante de emprego (na mesma, análoga ou distinta categoría de traballos forestais ou medioambientais que se solicita): 0.01 puntos ata un máximo de 0.4 puntos.

E) Situación familiar:

Por cada persoa sen ingresos ó seu cargo (menor de 18 anos): 0,25 puntos.

Por cada persoa diminuída ó seu cargo e sen ingresos superiores ó salario minimo interprofesional: 0,50 puntos.

2. Méritos académicos:

A) Titulación oficial na especialidade do posto de traballo ó que se opta (só xefes de brigada): 15.00 puntos.

B) Cursos relacionados coas funcións propias da categoría (max. 2 puntos).

Ata 10 horas0,10 puntos/curso

Ata 20 horas0,20 puntos/curso

Máis de 20 horas0,50 puntos/curso

C) Cursos de galego recoñecidos pola Consellería de Educación e Ordenación Unversitaria:

De iniciación: 0.25 puntos.

De perfeccionamento: 0.50 puntos.

(Non se valora o de iniciación se concorre co de perfeccionamento).

Experiencia profesional:

A) Servicios prestados en traballos forestais e/ou medioambientais no Servicio de Montes e Industrias Forestais, Medio Ambiente Natural e no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán da Xunta de Galicia na mesma ou análoga categoría á que se opta (desde maio de 1983): 0,75 puntos/mes ou fracción.

B) Servicios prestados en traballos forestais e/ou medioambientais no Servicio de Montes e Industrias Forestais, Medio Ambiente Natural e no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán da Xunta de Galicia en categoría distinta á que se opta (desde maio de 1983): 0,15 puntos/mes ou fracción.

C) Servicios prestados en traballos forestais e/ou medioambientais noutras administracións públicas na mesma ou análoga categoría á que se opta: 0,10 puntos/mes ou fracción.

D) Servicios prestados en traballos forestais e/ou medioambientais na empresa privada na mesma ou análoga categoría á que se opta: 0,05 puntos/mes ou fracción.

ANEXO III

Zonificación territorial, relación de categorías e previsión do número máximo de efectivos a contratar.

A) Servicio de Montes e Industrias Forestais.

A1. Categoría de técnicos de apoio:

Ámbito: provincial.

Previsión de efectivos: 1 por provincia.

A2. Categorías de xefe de brigada e peóns forestais.

A Coruña

DistritoConcellosXefes de

brigada

Peóns

forestais

ICariño, Ortigueira, Mañón, Cedeira, Cerdido, As Somozas, Moeche, Valdoviño, Narón, San Sadurniño, Neda, Fene, Ares, Mugardos e Ferrol.218
IIAs Pontes de García Rodríguez Monfero, Vilarmaior, Miño, Pontedeume, Cabanas, Capela, Paderne, Irixoa, Aranga, Oza dos Ríos, Cesuras, Betanzos, Coirós, Abegondo, Bergondo, Oleiros, Sada, Carral, Culleredo, Arteixo, A Coruña e Cambre.651
IIICurtis, Sobrado, Toques, Boimorto, Vilasantar, O Pino, Arzúa, Melide, Santiso, Touro, Cerceda, Ordes, Mesía, Frades, Oroso, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela, Boqueixón, Vedra e Teo.544
IVVal do Dubra, Ames, Brión, Negreira, A Baña, Rois, Padrón, Dodro, Rianxo, Porto do Son, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Outes, Noia, Lousame e Muros.868
VCamariñas, Vimianzo, Zas, Santa Comba, Muxía, Dumbría, Mazaricos, Cee, Fisterra, Carnota, Corcubión, Laracha, Carballo, Coristanco, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Laxe552

Total26233

Lugo

DistritoConcellosXefes de

brigada

Peóns

forestais

VIO Vicedo, Viveiro, Xove, Ourol, Cervo, Foz, Alfoz, O Valadouro, Burela, Barreiro, Ribadeo, Lourenzá, Trabada, Mondoñedo, Riotorto e A Pontenova.216
VIIA Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Baleira, Navia de Suarna, Cervantes, Baralla, Becerreá, As Nogais e Pedrafita.14112
VIIITaboada, O Saviñao, Carballedo, Chantada, Bóveda, A Pobra de Brollón, Monforte de Lemos, Sober, Pantón, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.972
IXLáncara, Sarria, Paradela, O Páramo, Triacastela, Samos, O Incio, Outeiro de Rei, Rábade, Lugo, Castroverde, O Corgo, Monterroso, Portomarín, Antas de Ulla, Friol, Guntín e Palas de Rei.972
XMuras, Vilalba, Xermade, Guitiriz, Begonte, Abadín, A Pastoriza, Cospeito, Meira, Pol, Castro de Rei e Ribeira de Piquín.756

Total41328

Ourense

DistritoConcellosXefes de

brigada

Peóns

forestais

XIO Irixo, Boborás, Avión, Beariz, Piñor, San Cristovo de Cea, Vilamarín, A Peroxa, Coles, Amoeiro, Maside, O Carballiño, Leiro, Cenlle, San Amaro, Punxín, Beade, Ribadavia, Melón e Carballeda de Avia.324
XIINogueira de Ramuín, Esgos, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Barbadás, Toén, Ourense, Castrelo de Miño, Cartelle, Gomesende, Padrenda, Pontedeva, Cortegada, A Arnoia, A Merca, A Bola, Celanova, Quintela de Leirado, Ramirás, Xunqueira de Espadanedo, Maceda, Vilar de Barrio, Paderne de Allariz, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía e Allariz.432

DistritoConcellosXefes de

brigada

Peóns

forestais

XIIICastro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, San Xoán Río, A Pobra de Trives, Manzaneda, Chandrexa de Queixa, Rubiá, Carballeda, O Barco de Valdeorras, Petín, Larouco, A Rúa, Vilamartín de Valdeorras, O Bolo e A Veiga.648
XIVViana do Bolo, Vilariño de Conso, A Gudiña, A Mezquita, Laza, Castrelo do Val, Riós, Cualedro, Monterrei, Verín, Vilardevós e Oímbra.864
XVSandiás, Xinzo de Limia, Sarreaus, Trasmiras, Rairiz de Veiga, Vilar de Santos, Porqueira, Os Blancos, Baltar, Calvos de Randín, Verea, Bande, Muíños, Lobeira, Lobios e Entrimo.972

Total30240

Pontevedra

DistritoConcellosXefes de

brigada

Peóns

forestais

XVIVila de Cruces, Agolada, Silleda, Lalín, Rodeiro, Dozón, A Estrada, Forcarei e Cerdedo.320
XVIIO Covelo, A Cañiza, Crecente, Arbo, Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Ponteareas, Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia.1160
XVIIISoutomaior, Pazos de Borbén, Mos, Vigo, Redondela, Nigrán, Gondomar, O Porriño, Baiona, Poio, Pontevedra, Vilaboa, Moaña, Cangas, Bueu, Marín, Cotobade, A Lama, Fornelos de Montes e Ponte-Caldelas.1080
XIXPontecesures, Valga, Catoira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Cuntis, Campo Lameiro, Moraña, Barro, Portas, Caldas de Reis, Meis, Meaño, Sanxenxo, O Grove, Ribadumia e Cambados.740

Total31200

B) Servicio de Medio Ambiente Natural.

B1. Categoría de técnicos de apoio.

A Coruña: 4.

Lugo: 3.

Ourense: 7.

Pontevedra: 2.

B2. Categoría de xefes de brigada, gardas rurais de vixilancia e mantemento, e peóns forestais.

Zonificación xeral

A Coruña

ZonaConcellosX. Brig.G. Rur.P. For.

OrtigueiraOrtigueira, Cariño, Cedeira, Moeche, As Somozas, San Sadurniño, Neda, Fene, Ares, Mugardos, Ferrol, Narón, Valdoviño.11
BetanzosAranga, Irixoa, Vilarmaior, Betanzos, Bergondo, Paderne, Miño, Oza dos Ríos, Cesuras, Coirós.41
A CoruñaSada, Oleiros, Cambre, Abegondo, Carral, Culleredo, Arteixo, A Coruña.23
ArzúaCurtis, Vilasantar, Sobrado, Boimorto, Toques, Melide, Arzúa, Santiso, O Pino, Touro.13
CarballoCarballo, Laracha, Malpica de Bergantiños, Coristanco, Ponteceso, Cabana de Bergantiños.21
VimianzoLaxe, Zas, Santa Comba, Vimianzo, Camariñas, Muxía, Dumbría, Mazaricos, Carnota, Corcubión, Fisterra, Cee.24
NoiaMuros, Outes, Negreira, A Baña, Val do Dubra, Ames, Brión, Rois, Dodro, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Noia, Lousame.221

Lugo

ZonaConcellosX. Brig.G. Rur.P. For.

ViveiroO Vicedo, Xove, Viveiro, Cervo, Ourol, O Valadouro, Muras.31
VilalbaXermade, Vilalba, Abadín, Guitiriz, Begonte, Cospeito, Castro de Rei.3
MondoñedoFoz, Alfoz, Barreiros, Ribadeo, Mondoñedo, Lourenzá, Trabada, A Pontenova.131
LugoRábade, Friol, Outeiro de Rei, Lugo, Castroverde, O Corgo, Guntín, Láncara, Portomarín.15

ZonaConcellosX. Brig.G. Rur.P. For.

SarriaO Páramo, Paradela, Sarria, Samos, Triacastela, O Incio.1
Monforte de LemosO Saviñao, Bóveda, A Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Pantón, Sober.1
QuirogaFolgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil.2
ChantadaPalas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Taboada, Chantada, Carballedo.1

Ourense

ZonaConcellosX. Brig.G. Rur.P. For.

Carballiño, OBeariz, O Irixo, Avión, Boborás, O Carballiño, Piñor, San Cristovo de Cea, Maside, Cenlle, Carballeda de Avia, Leiro, San Amaro, Ribadavia, Beade, Melón.36
AllarizAllariz, Taboadela , Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas, Maceda, Xunqueira de Espadanedo, Vilar de Barrio, Esgos.135
CelanovaCelanova, A Bola, A Merca, Ramirás, Gomesende, Quintela de Leirado, Padrenda, Pontedeva, Cortegada, A Arnoia, Cartelle, Castrelo de Miño.34
Xinzo de LimiaXinzo de Limia, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Sarreaus, Trasmiras, Cualedro, Baltar, O Blancos, Porqueira.18

Zonificación especial

ZonaConcellosX. Brig.G. Rur.P. For.

Conca do río EumeMonfero, As Pontes de García Rodríguez, Capela, Cabanas, Pontedeume.43
Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.Ribeira.46
Conca do río SorMañón.22
Reserva Nacional de Caza dos AncaresCervantes, Navia de Suarna.186
Parque Natural da Baixa Limia-Serra do XurésEntrimo, Lobios, Muíños.3640
Monte InvernadeiroCastrelo do Val, Vilariño de Conso128
Parque Natural do Monte AloiaTui.17

ZonaConcellosX. Brig.G. Rur.P. For.

Parque Natural de Illas CiesVigo.115
Illas de OnsBueu.13
Conca do río UllaRianxo, Padrón, Teo, Boqueixón, Vedra, A Estrada, Pontecesures, Valga, Catoira, Silleda, Vila de Cruces, Agolada, Lalín, Rodeiro, Dozón.164
Conca do río LérezPontevedra, Cotobade, Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, Poio.33
Conca do río UmiaRibadumia, Vilagarcía de Arousa, Meis, Portas, Caldas de Reis, Moraña, Cuntis, Barro.2
Conca do río TeaSalvaterra de Miño, Ponteareas, Mondariz, Mondariz-Balneario, O Covelo, Salceda de Caselas.31
Complexo Intermareal Umia-O GroveO Grove, Sanxenxo, Meaño, Cambados, Vilanova de Arousa.1
Conca do río VerdugoVilaboa, Soutomaior, Ponte-Caldelas, A Lama, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela.42

D) Centro de Investigacións Forestais de Lourizán.

CategoríasPrevisión nº Max. efectivos

Técnico de apoio5
Xefe brigada2
Peóns forestais16

9614