Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 1997 Páx. 303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión celebrada o día 31 de outubro de 1996, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar con carácter inicial o estudio de detalle dunha parcela situada en Avda. de Vilaboa-Rutis, promovido pola sociedade Seular, Promociones Inmobiliarias, S.L. e redactado polo arquitecto Marcial Mosquera Lorenzo, que ten por obxecto o axuste de aliñacións interior e lateral en contacto coa Avda. de Vilaboa, así como a ordenación do volume resultante da edificabilidade da parcela.

Durante un prazo de 15 días hábiles contados desde a publicación deste anuncio no DOG, poderá ser examinado o documento e formularse as alegacións que se consideren pertinentes.

Culleredo, 7 de novembro de 1996.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

64