Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 1997 Páx. 303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

EDICTO.

Tramitado o correspondente expediente administrativo, o Concello da Guarda, co voto favorable da maioría absoluta dos membros desta corporación, aprobou, en sesión do pleno celebrada o día 27 de decembro de 1996, o proxecto de modificación puntual nº 1 do P.X.O.U deste municipio, unha vez que o citado expediente recibiu o informe favorable da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de conformidade co disposto na Lei 7/1995 da Xunta de Galicia.

O que se fai público para os efectos recollidos no Art. 8.d da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo da Xunta de Galicia, facéndose constar do mesmo xeito que, publicado o presente edicto no DOG, o concello procederá á publicación no BOP das normas urbanísticas (Art. 70 da Lei básica de réxime local, modificada pola Lei 34/1994, do 30 de decembro), non entrando en vigor ata a publicación íntegra do seu texto e transcorrido o prazo de 15 días, indicado no Art. 65.2º do mesmo corpo legal.

Contra o devandito acordo, que é firme en vía administrativa, os interesados poderán presenta-lo oportuno recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto, tendo que ser comunicada a súa interposición ó Concello da Guarda, segundo o dispón o Art. 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para a súa acreditación perante o órgano xurisdiccional antes citado.

A Guarda, 28 de decembro de 1996.

Purificación Álvarez Álvarez

Alcaldesa do Concello da Guarda

66