Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 1997 Páx. 296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1996 pola que se anuncia a contratación, como expediente anticipado de gasto, da subministración de material informático para a ampliación dos postos de traballo de tramitación do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA), polo sistema de concurso público aberto.

Obxecto: subministración de material informático para a ampliación dos postos de traballo de tramitación do SXPA.

Orzamento máximo: 84.000.000 de pesetas, IVE incluído, dividido en dous lotes. Corresponden ó lote A 80.000.000 de pesetas, IVE incluído, e ó lote B 4.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse durante o prazo de presentación de proposicións na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 1.680.000 pesetas.

Fianza definitiva: 2.360.000 pesetas.

Prazo de execución: 25 días.

Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 17 de febreiro de 1997.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación da subministración de material informático para a ampliación dos postos de traballo de tramitación do SXPA (lote número...) que presenta... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 20 de febreiro de 1997.

O importe dos anuncios relativos ó presente concurso será por conta do adxudicatario, que os deberá aboar antes á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

15