Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 1997 Páx. 268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de apertura e urbanización da rúa Fonte Santa.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o 28 de novembro de 1996, acordou prestar aprobación, con carácter inicial, ó proxecto de apertura e urbanización da rúa de Fonte Santa, promovido mediante iniciativa particular por Promotoras Espiñeiro, S.L., e redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Eloy Fernández-Valdés Martínez-Estéllez, visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia na data 22-8-1996, dispoñéndose o seu sometemento a información pública mediante a inserción no taboleiro de edictos da Casa Consistorial, Diario de Pontevedra, BOP e Diario Oficial de Galicia.

Durante o prazo de quince días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do Concello (rúa Dona Teresa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 18 de decembro de 1996.

Juan Luis Pedrosa Vicente

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral