Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 1997 Páx. 268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación de Empresarios de Salones de Juegos y Recreativos.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación de Empresarios de Salones de Juegos y Recreativos que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas xurídicas sempre que teñan salóns de xogo ou recrativo coa súa correspondente licencia de apertura da Xunta de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Jesús Leiro López e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

14