Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 1997 Páx. 267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato administrativo que se menciona.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por delegación

de competencias segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-lo seguinte contrato:

-Organización e montaxe dos stands institucionais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura nos seguintes certames feirais: European Seafood Exposition (Bruxelas, Bélxica, do 15 ó 17 de abril de 1997) e World Food Market Anuga (Colonia, Alemaña, do 11 ó 16 de outubro de 1997).

Adxudicatario: ACK, Servicios de Comunicación de Galicia, S.L.

Importe: 42.900.000 ptas.

En cumprimento do disposto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, modificada polas leis 10/1973, do 17 de marzo e 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Víctor M. Vázquez Seijas

Secretario xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

9510