Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 1997 Páx. 267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Muras I. (Expediente 002-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Muras I coas seguintes características:

Peticionario: Grupo Auxiliar Metalúrgico, S.A. (Gamesa), r/ Arkaute nº 5, Vitoria 01192.

Situación: Concello de Muras (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(603.000, 4.822.000); V(603.350, 4.819.500).

V(603.000, 4.818.500); V(604.000, 4.818.500).

V(604.000, 4.817.500); V(603.500, 4.817.310).

V(601.500, 4.819.500); V(601.500, 4.820.000).

V(602.000, 4.820.000); V(601.500, 4.822.000).

Características técnicas principais:

Número de aeroxeradores: 40.

Potencia nominal unitaria: 600 kW.

Potencia total instalada: 24,0 MW.

Altura de torres: 40 metros.

Diámetro de pas: 40 metros.

Investimento: 3.550.000.000 ptas.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1195, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 19 de decembro de 1996.

P.A. (Art. 8 Decreto 209/1991)

Serafín Núñez Ramos

Secretario provincial de Lugo

9484