Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 1997 Páx. 265

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/160-2-4643 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Ferreira-Piñeiro.

Situación: Friol.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 965 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kV. 20.000/380-220 V, sobre apoio de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95, cunha lonxitude de 50 metros, para mellora do servicio eléctrico en Ferreira e Piñeiro, concello de Friol.

Orzamento: 4.500.761 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 19 de novembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9467