Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 1997 Páx. 264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/159-2-4642 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, Ourense.

Denominación: R.B.T. Bergazo.

Situación: O Corgo.

Descricións técnicas: rede de baixa tensión en conductor R.Z.-50-25, cunha lonxitude de 513 metros, para mellora do servicio eléctrico en Bergazo, concello do Corgo.

Orzamento: 1.242.664 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 19 de novembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9468