Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 1997 Páx. 236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores de espacios naturais C-10/1996 e C-18/1996 (EN-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación de espacios naturais do expediente sancionador, por infracción a Lei 4/1989, do 27 de marzo, sobre conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Que así mesmo, designo instructor do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a María Teresa Calvo García.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da dita lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, aportar documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndoselles que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 10 de decembro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: C-10/1996.

Denunciado: Enrique Díaz Patiño.

Último domicilio coñecido: r/ Urzáiz, 94-6º B, Vigo.

Feito denunciado: molestar e inquietar especies catalogadas como de interese especial polo R.D. 439/1990 (tritón, tritón ibérico, sapo de esporas, sapo pintado, etc.) ó introducirse na charca que constitúe o hábitat das especies e perseguilas con gañaparro.

Precepto infrinxido: artigo 38.13º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 25.000.

-Expediente: C-18/1996.

Denunciado: José Ramón Costas Piñeiro.

Último domicilio coñecido: Lugar Quintáns, 64, Meiro-Bueu.

Feito denunciado: cazar, xunto con outras dúas persoas, frinxilidos utilizando unha rede de cañon de 8 m e reclamos.

Precepto infrinxido: artigo 38.13º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 20.000.