Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 1997 Páx. 236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52672).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na rúa Severo Ochoa, 2, polígono da Grela-Bens, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue: modificado 1 o proxecto de L.M.T., C.T., R.B.T. Sta. María de Melide (Melide) consistente en: L.M.T. a 20 kV de 204 metros de lonxitude, que parte da subestación denominada Melide e final no C.T. que se vai construír denominado Sta. María.

C.T. de 100 kVA, tipo intemperie.

R.B.T. a 380/220 V que parte do C.T. denominado Sta. María, cunha lonxitude de 65 metros en R.Z. Municipio de Melide.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 11 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9590