Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 1997 Páx. 230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular de transporte de viaxeiros por estrada exclusivamente a feiras e mercados: F-1713; XG-114, entre Montouto e Mondoñedo por Estelo, entre Montouto e Gontán por Fragavella e entre Montouto e Vilalba por Aldixe.

O acordo directivo, do 21 de febreiro de 1996, autorizou a transmisión da concesión de referencia a favor da empresa Autocares Carreira, S.L. por cesión do seu anterior titular, Benigno Carreira González.

O que se publica unha vez cumprimentados os requisitos ós que se condicionou a dita autorización, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1996.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

9343