Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 1997 Páx. 208

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 19 de decembro de 1996 pola que se establecen liñas de actuación e estímulo á formación de mulleres naquelas profesións ligadas a sectores e actividades considerados prioritarios en Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

O Decreto 52/1994, do 4 de marzo, polo que se establece o réxime xeral das axudas e subvencións da Consellería de Familia, Muller e Xuventude en materia de formación, promoción do emprego e fomento da economía social, determina unha regulación unificada de tódalas convocatorias de axudas e subvencións en materia de formación profesional ocupacional, promoción do emprego e economía social que realiza a citada consellería en canto á súa presentación, tramitación, valoración e resolución, e na súa disposición derradeira primeira, autorízase a Consellería de Familia, Muller e Xuventude para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta disposición.

A consolidación das actividades económicas existentes, sobre todo a aparición de actividades novas na súa concepción, vén esixir un incremento na capacitación dos recursos humanos utilizados nelas.

A innovación técnica e organizativa das actividades económicas, a incorporación masiva da muller ó mundo do traballo e a preocupación que leva consigo a plena integración comunitaria demandan plans adecuados á realidade actual, plans, nos que a formación que se imparta, se adapte ás necesidades existentes.

A formación para o emprego débese conformar como unha acción programática co fin de superar concepcións tradicionais de ofertas de emprego en profunda transformación.

Igualmente, o Fondo Social Europeo, a través do marco comunitario de apoio, considera a formación como unha das accións principais que hai que desenvolver, sinalando o colectivo das mulleres como un dos prioritarios.

Neste marco, a presente orde pretende concreta-los principios xerais contidos no antedito decreto no relativo á formación ocupacional, coordinando as accións de formación coas actividades de orientación profesional e a execución de accións e programas que faciliten a inserción laboral das mulleres e mellora da súa cualificación profesional.

Como consecuencia da posta en funcionamento do Servicio Galego de Colocación o 1 de xaneiro de 1997, incorpórase a obriga das entidades impartidoras de introduci-lo currículo dos alumnos que rematen os cursos na base de datos do antedito servicio.

De conformidade co establecido no artigo 1.1º da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 2 de xuño de 1986, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, os expedientes de gasto imputables ó capítulo IV poderán iniciarse no exercicio orzamentario inmediatamente anterior a aquel no que se vaia materializa-la contraprestación, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto de orzamentos xerais da comunidade que se someta á aprobación do Parlamento de Galicia, unha vez que ese proxecto estea aprobado polo Consello da Xunta de Galicia no que se vai materializa-la contraprestación, e que o proxecto orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1997 foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o día 11 de outubro de 1996, existindo fondos suficientes para iso.

As ditas axudas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 14.50.212 A.481.00 recollida no proxecto de Lei de presupostos da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997 e cos fondos reflectidos no marco comunitario de apoio da Comunidade Económica Europea, a través do Fondo Social Europeo.

Coa finalidade de potencia-la promoción da muller encóntrase adscrito á Consellería de Familia, Muller e Xuventude, o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, polo que parece conveniente, dadas as beneficiarias desta orde, delegar nel, en virtude do establecido no artigo 13 da lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a execución do programa ó que se refire a presente orde.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas e para a debida aplicación dos créditos orzamentarios para o fin para o que foron establecidos,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto o establecemeto das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá a convocatoria pública dos plans de actuación, as condicións e os requisitos para a realización do programa de formación profesional ocupacional da Consellería de Familia, Muller e Xuventude a prol das mulleres mediante a execución das seguintes actuacións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo:

a) Apoio a programas de formación profesional realizados por entidades públicas, asociacións, empresas ou grupos de empresas en favor das mulleres.

b) Coordinación de accións de formación ocupacional con actividades de orientación profesional e plans de fomento da economía social e a promoción de empresas.

c) Programas destinados a facilita-la inserción laboral das mulleres impulsando a súa cualificación profesional, naquelas especialidades demandadas polo mercado de traballo.

d) Accións de formación profesional ocupacional dirixidas a impulsar actividades económicas ligadas a sectores prioritarios no desenvolvemento de Galicia.

e) Proxectos formativos de cáracter singular que poidan achegar un valor engadido ás accións anteriores.

Artigo 2º.-Xestión e execución.

1. A xestión das accións previstas na presente orde correspóndelle á Consellería de Familia, Muller e Xuventude, a través do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Poderán colaborar na impartición das accións previstas no presente programa e, consecuentemente, solicita-la súa inclusión na programación:

a) Aquelas entidades e axentes sociais legalmente constituídos que carezan de ánimo de lucro e que reúnan as condicións técnico docentes esixibles para imparti-la formación.

b) As entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, que reúnan as condicións esixidas no parágrafo anterior.

c) Os centros inscritos no censo de centros colaboradores de formación ocupacional da Comunidade Autónoma, que carezan de ánimo de lucro.

Para a impartición das accións de formación profesional ocupacional poderá establecerse a sinatura de convenios entre o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller e as entidades concesionarias.

2. Tódalas entidades sinaladas no parágrafo anterior e que obteñan a concesión de axudas para a impartición de accións previstas na presente orde non pode

rán subcontratar ou ceder a un terceiro a súa impartición.

Artigo 3º.-Colectivos beneficiarios.

Terán preferencia para participar nas accións previstas na presente orde as mulleres que se atopan inactivas e poidan acredita-la súa condición de desempregadas.

Artigo 4º.-Selección de alumnas.

Un.-Con carácter xeral, o número de alumnas participantes en cada curso estará comprendido entre 15 e 20, non podendo iniciarse a acción formativa se non se reúne un mínimo de 12.

Dous.-A entidade que vai imparti-lo curso realizará unha convocatoria pública mediante modelo normalizado, na que necesariamente se deberá facer consta-lo financiamento da acción por parte do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, polo menos a través dun dos xornais de maior tirada da provincia, e efectuará a selección entre as que acudan a ela, tendo en conta que as alumnas seleccionadas deben ser, desempregadas, o que deberán acreditar mediante a inscrición nalgunha das oficinas de emprego do INEM con anterioridade á data do inicio do curso, ou ben mediante certificación acreditativa da vida laboral da desempregada, levantando a correspondente acta que se deberá remitir ó Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, con sete días de antelación ó comezo dos cursos.

Antes da súa publicación os anuncios deberán remitirse ós servicios de formación ocupacional das delegacións provinciais, para o cumprimento dos requisitos establecidos no presente artigo. O custo dos anuncios que non se adapten ós anteditos requisitos e a calquera outros que puideran ser establecidos polo Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller non será aboado con cargo ás axudas previstas na presente orde.

Tres.-As alumnas deberanse incorporar ás clases na data de iniciación do curso. De non se incorporar ou de se producir baixas dentro do primeiro cuarto del, poderanse substituír por alumnas procedentes da convocatoria pública, sempre que teñan o nivel de acceso correspondente á fase do curso á que se incorporen. Neste caso a persoa responsable da súa impartición deberá comprobar, mediante as probas e/ou a xustificación documental pertinente, o nivel da alumna.

Catro.-Os cursos nos que, malia que se intentase completa-lo número de alumnas, diminúa o número de participantes ata unha cantidade inferior ó 50% do número programado, poderán ser suspendidos polo Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller. Neste caso a entidade terá dereito a unha indemnización que será proposta pola Comisión de Avaliación prevista no artigo 12 e será aprobada pola directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, calculada en función das circunstancias concorrentes en cada caso.

Artigo 5º.-Dereitos e deberes dos alumnos.

1. As alumnas que resulten seleccionadas para un curso non poderán asistir a outro simultaneamente, nin causar baixa nun para acceder a outro incluído dentro da programación de formación ocupacional da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

2. As alumnas terán a obriga de asistir e seguir con aproveitamento os cursos de formación ocupacional e a de facilita-la documentación que sexa solicitada pola entidade impartidora dentro dos 5 primeiros días lectivos, sendo causa de exclusión deles o incorrer en máis de dúas faltas de asistencia non xustificadas nun mes.

3. As alumnas que rematen os cursos con aproveitamento obteran un diploma oficial, no modelo que se estableza polo Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, acreditativo da súa realización no que constarán os seguintes datos:

a) Nome, apelidos e DNI da alumna.

b) Denominación do curso.

c) Lugar e datas de realización.

d) Número de horas e programa impartido.

e) Entidade impartidora.

Poderá concederse o diploma a aquelas alumnas que causen baixa no curso por colocación, cando o docente considere que ten os coñecementos equivalentes ó nivel do curso e asistira ó 75% das horas del.

Artigo 6º.-Especialidades formativas.

1. Os cursos serán de carácter presencial e desenvolveranse, preferentemente, en horario de mañá.

2. Con carácter xeral as accións formativas deberán estar comprendidas no ficheiro de especialidades e terán unha duración que se establecerá en función da especialidade que se vaia impartir tendo como obxectivo a obtención, por parte das alumnas, dun nivel de formación que lles permita acceder ó mercado de traballo.

Artigo 7º.-Inicio e remate.

As accións formativas deberanse iniciar, necesariamente, antes do 30 de xuño, rematando dentro do ano 1997 e debendo estar xustificados os custos inherentes a eles, mediante certificación do xefe do Servicio de Cooperación, Estudios e Programas do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, o 31 de xaneiro de 1998.

Excepcionalmente poderán iniciarse fóra da data prevista, as accións formativas derivadas dos supostos previstos no artigo 13º.3 da presente orde.

Artigo 8º.-Axudas.

1. As accións formativas impartidas ó abeiro da presente orde serán obxecto de subvención para compensa-los custos derivados da súa execución.

2. As anteditas subvencións terán unha contía máxima por cada curso que será a resultante do número

de horas del, polo número de alumnas e importe do seu módulo. Os módulos asignaranse a cada curso segundo a súa clasificación en función do seu nivel formativo e do grao de dificultade da técnica utilizada.

3. Computaranse como alumnas que remataron o curso aquelas que precisen abandonalo antes da súa finalización por ter atopado un emprego ou ocupación productiva, sempre que se acredite documentalmente tal extremo e o número de alumnas que o rematen non supere o do previsto para el.

4. A percepción da subvención prevista no presente artigo, que financia o 100% dos custos xerados pola impartición da acción formativa será incompatible coa percepción de calquera outra axuda pública ou privada da mesma natureza.

Artigo 9º.-Módulos subvencionables.

1. O módulo correspondente a cada curso constará de duas partes: A referida ós custos de profesorado, B referida ó resto dos custos aboables do curso . A cada unha destas partes fixaráselle un importe máximo, sendo a suma delas igual á do módulo completo.

2. Poderanse considerar como custos aboables ou subvencionables correspondentes á parte A do módulo, os gastos desagregados seguintes:

a) Gastos de profesorado, comprendendo os soldos ou honorarios do persoal docente incluíndo os gastos de Seguridade Social.

b) Gastos de persoal directivo e administrativo e do dedicado ó seguimento e control do curso e, en xeral, das actividades de coordinación sen que poida superarse, en ningún caso, o 15 por cento da parte A do módulo. Estas actividades non poderán realizarse polo persoal docente do curso.

3. Poderanse considerar como custos aboables ou subvencionables correspondentes á parte B do módulo, os gastos desagregados seguintes:

a) Gastos de seguros de accidentes das alumnas, comprendendo o importe das pólizas ou primas correspondentes a tódalas alumnas asistentes, polos riscos que inclúan os do traxecto ó lugar de impartición das clases e prácticas e contraéndose estrictamente na súa duración ó período do curso ou das prácticas non laborais en empresas.

b) Gastos de medios e materiais didácticos como textos e outros dun só uso pola alumna, e os materiais de traballo funxibles utilizados durante as actividades de formación.

c) Gastos de amortización de equipos e ferramentas de duración superior a un exercicio anual.

En ningún caso os gastos de amortización dos bens, que terán unha relación directa coa actividade docente da entidade ou da práctica da empresa, poderán supera-lo 25% da parte B do módulo.

O Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller poderá esixi-la xustificación das avaliacións.

d) Gastos de enerxía eléctrica, de combustibles, así como de mantemento das instalacións e equipamentos formativos.

e) Gastos xerais, comprendendo aqueles gastos que, sen estar incluídos nos parágrafos anteriores, se deban imputar ou teñan a súa orixe na actividade do curso: alugueiros e seguros, tanto de instalacións como de maquinaria; teléfonos e comunicacións; gastos de administración da entidade necesarios para a posta en funcionamento e permanencia dos cursos; e publicidade expresamente demandada e realizada de conformidade coas normas establecidas na presente orde, para a execución dos cursos aprobados e programados.

Sobre as partes A e B do módulo efectivamente gastadas e xustificadas poderase calcular un 10% correspondente ós gastos de difícil xustificación. Este importe deberase imputar, en todo caso, á parte A do módulo.

Artigo 10º.-Solicitudes.

1. As entidades que cumprindo as condicións establecidas no artigo 2 desexen colaborar na impartición das accións formativas previstas na presente orde deberán formaliza-la correspondente solicitude no modelo normalizado que se publica como anexo I á presente orde e subministrarase nas delegacións provinciais da consellería, no Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller ou en calquera das oficinas administrativas de información ó cidadán, subscrita polo titular ou representante legal da entidade debidamente acreditado e deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Una ficha por cada un dos cursos solicitados no modelo normalizado (anexo II).

b) Memoria detallada xustificativa da acción no modelo normalizado que se publica como anexo III á presente orde,na que se farán consta-los criterios que se van utilizar para a selección das alumnas. Cando se trate de asociacións, consignarase o número de membros que a integran.

c) Se é o caso, compromiso de contratación asumido pola entidade impartidora ou por aquela que vaia contratar alumnas formadas.

d) Declaración expresa subscrita polo titular ou polo representante legal da entidade de non percibir ningún tipo de axuda da mesma natureza concedida por calquera outra entidade pública ou privada.

e) Declaración pola que se expresa a submisión ás actuacións de comprobación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

f) No caso de ter impartido cursos incluídos na programación da consellería correspondentes ó exercicio de 1996, deberán xustifica-lo grao de inserción laboral acadado polas alumnas formadas.

g) Ficha de solicitude de transferencia bancaria (anexo IV).

2. As solicitudes presentaranse no Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller ou nas delegacións provinciais da Consellería de Fami

lia, Muller e Xuventude que correspondan ó domicilio do solicitante ou por calquera das formas previstas no art. 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Se as solicitudes fosen presentadas nas delegacións provinciais, estas remitiranas o día seguinte ó da súa recepción ó Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Artigo 11º.-Prazo.

1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

2. No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria ou a documentación achegada conteña erros ou sexa insuficiente, procederase da forma prevista no artigo 10.2º do Decreto 52/1994, do 4 de marzo.

Artigo 12º.-Procedemento.

1. O procedemento que se seguirá na tramitación e instrucción dos expedientes será o establecido no artigo 9 e seguinte do Decreto 52/1994, do 4 de marzo, coas concrecións que se establecen nos parágrafos seguintes.

2. Unha vez realizados os trámites sinalados nos parágrafos 1º e 2º do Art. 10 do antedito decreto, os expedientes remitiránselle á Comisión da Avaliación para o seu informe, proposta de resolución e posterior elevación ante o órgano competente para resolver.

3. Para os efectos do disposto no parágrafo anterior a Comisión de Avaliación estará composta pola secretaria do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, que a presidirá, e serán vocais o xefe do Servicio de Cooperación, Estudios e Programas e o xefe do Servicio de Xestión Económica, que actuará como secretario.

4. A Comisión de Avaliación á hora de barema-las solicitudes terá en conta, entre outros, os seguintes criterios:

a) A existencia de compromiso de contratación, valorándose para tales efectos, tanto o número de mulleres que se van contratar como a duración e características dos contratos.

b) As que promovan unha cualificación das mulleres naquelas profesións nas que se atopan subrepresentadas, as que estean especialmente ligadas a sectores económicos prioritarios en Galicia ou nas actividades económicas das súas comarcas, e as que fomenten o autoemprego e a economía social.

c) O grao de cumprimento demostrado pola entidade na impartición das accións formativas, concedidas en exercicios anteriores; valorándose para tales efectos

a calidade da acción impartida, o índice de inserción laboral das alumnas formadas, así como o cumprimento das condicións de seguimento e avaliación, e a correcta xustificación dos gastos.

d) A mellor idoneidade do centro no que se vai imparti-la formación, valorando para iso o nivel de adecuación das instalacións, aulas e talleres ás esixenciais das accións formativas propostas.

e) A maior adecuación do perfil do persoal docente, do material didáctico dispoñible e da metodoloxía do programa proposto.

f) A inclusión dunha fase de prácticas profesionais non laborais, adecuada ós coñecementos impartidos.

g) A inclusión de módulos de orientación e información profesional, que conteñen información sobre as posibilidades de emprego abertas para a formación recibida e orientación sobre as técnicas de busca de emprego, posibilidades de autoemprego e fórmulas de economía social.

h) A poboación e o número de mulleres desempregadas do territorio para o que se solicitan os cursos.

i) A existencia doutros recursos formativos na zona.

Artigo 13º.-Resolución.

1. A resolución dos expedientes de axudas, logo do informe da Comisión de Avaliación, de cubri-lo trámite de audiencia cando proceda, e fiscalizada a proposta pola respectiva intervención, corresponderalle á directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

2. A resolución dos expediente deberase producir no prazo máximo de tres meses contados a partir do día seguinte ó de remate do prazo para a presentación das solicitudes. Transcorrido o devandito prazo sen que recaera resolución expresa,esta entenderase desestimatoria.

3. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, e con carácter excepcional, poderanse efectuar resolucións complementarias fóra do prazo establecido cando non fose posible efectualas dentro del, cando existisen fondos provenientes de renuncias totais ou parciais de subvencións inicialmente concedidas ou doutros remanentes dos módulos.

Artigo 14º.-Obrigas.

Ademais das obrigas establecidas no artigo 14 do Decreto 52/1994, do 4 de marzo, e no artigo 11 do R.D. 631/1993, do 3 de maio, os beneficiarios das axudas deberán:

a) Remitir, dentro dos 7 días anteriores ó comezo dos cursos,ó Servicio de Cooperación, Estudios e Programas do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller:

a.1) O programa docente completo, estructurado por módulos, indicando o tempo en horas de cada un deles, así como os contidos teórico-prácticos del.

a.2) As datas de inicio e remate dos cursos e, se é o caso, a planificación temporal das actividades relacionadas co curso.

a.3) A relación de docentes que van imparti-lo curso xunto coa documentación acreditativa da súa formación e experiencia.

A copia desta documentación deberá expoñerse no taboleiro de anuncios do centro. Calquera modificación posterior destas circunstancias deberá ser autorizada previamente polo Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

b) Remitir, no prazo de 10 días a partir do inicio dos cursos, as fichas do Sistema Informático de Formación Ocupacional (SIFO), así como mensualmente a folla de control de asistencias.

c) Realizar un informe da situación laboral dos alumnos formados, unha vez transcorridos 6 meses e un ano desde a finalización do curso, co fin de coñece-la súa porcentaxe de colocación.

d) Someterse ás actuacións de supervisión e control que, en calquera momento, poidan acorda-los órganos competentes do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller,tanto no relativo ó desenvolvemento da acción formativa como á súa xestión e tramitación administrativa e documental.

e) Contratar un seguro de accidentes dos alumnos polos riscos que inclúan os de traxecto ó lugar de impartición das clases prácticas e contraéndose estrictamente na súa duración ó período do curso ou das prácticas non laborais en empresas.

f) Realizar unha memoria descritiva dos cursos unha vez finalizados estes.

g) Introduci-lo currículum das alumnas que rematen o curso, coa súa conformidade, na base de datos do Servicio Galego de Colocación na forma que sexa establecida pola Dirección Xeral de Formación e Emprego.

Artigo 15º.-Pagamento.

O aboamento da subvención farase efectivo da forma seguinte:

a) Ata un 50% do total do orzamento de gastos, en concepto de anticipo, no momento no que o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller reciba comunicación da entidade impartidora notificando o inicio das actividades, así como a documentación sinalada na alínea b) do artigo anterior.

b) O 50% restante, unha vez rematada a acción formativa e recibida a certificación do responsable da entidade, acreditativa do cumprimento da finalidade e demais condicións para as que foi concedida, ademais da liquidación final na que se xustifiquen tódolos gastos coa relación de facturas.

Nos supostos de proxectos formativos con compromiso de contratación, non se realizará a liquidación final en tanto non se remitan copias dos contratos de traballo rexistrados polo organismo público competente.

Disposicións adicionais

Primeira.-A concesión das subvencións recollidas na presente orde estará supeditada á existencia de crédito orzamentario.

Segunda.-Se por calquera causa, no momento no que a Comisión de Avaliación teña que examina-las solicitudes, algún dos seus compoñentes non puidese asistir, será substituído polo funcionario que para o efecto designe a directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, e, sempre que sexa posible, o nomeamento deberá recaer noutro/a funcionario/a do mesmo servicio có substituído.

Terceira.-A Consellería de Familia, Muller e Xuventude poderá financia-la elaboración do diagnóstico de necesidades e de plans de formación ocupacional e de reciclaxe profesional naqueles sectores productivos que estime oportuno, nos ámbitos local, comarcal e autonómico.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller , no ámbito das súas competencias, para dicta-las resolucións e intruccións necesarias para o desenvolvemento e execución da presente disposición.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1996.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

9496