Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 1997 Páx. 190

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza das sedes administrativas e delegacións provincias desta consellería.

1. Entidade adxudicadora.

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

a) Organismo: Secretaría Xeral.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo: Edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta, 15771 Santiago de Compostela, Tfno. (981) 54 46 42, Fax. (981) 54 46 96.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia técnica, mediante expediente anticipado de gasto.

b) Descrición do obxecto: servicio de limpeza das sedes administrativas e delegacións provinciais desta consellería.

3. Orzamento base de licitación.

Orzamento: 28.717.634 ptas. (IVE incluído).

Aplicacións orzamentarias:

-13.01.121A.227.00

-13.03.214B.227.00

-13.04.232A.227.00

4. Prazo de execución do contrato.

O adxudicatario realizará o servicio contratado durante o ano 1997, conforme o establecido no prego de prescricións técnicas, cun prazo de execución de 1 ano, conforme o artigo 199.1º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do importe de licitación de cada contrato, salvo acreditación da correspondente clasificación.

b) Definitiva: 4% do importe de licitación de cada contrato.

6. Clasificación esixida ó contratista. (Só persoas xurídicas).

Grupo: III

Subgrupo: VI

Categoría: A ou B

7. Presentación de proposicións.

a) Lugar: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sito no edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta, 15771 Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e rematará ós trece (13) días naturais, ás 14 horas, agás que o último día fose inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas proposicións en tres sobres pechados e en cada un deles figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores.

Os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Modelo de proposición.

O que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Prego de cláusulas administrativas particulares.

Tódolos interesados poderán consultalos na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sita no edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta, 15771 Santiago de Compostela.

11. Apertura das proposicións.

Terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais ás 12 horas do día 29 de xaneiro de 1997.

12. Solvencia económico-financeira e técnica dos licitadores.

As condicións mínimas de carácter técnico e profesional ás que deberán axustarse os licitadores veñen establecidas na folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares, apartado 5.

13. Criterios de adxudicación do concurso.

Relaciónanse no apartado 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

Durante tres meses desde a data de apertura das proposicións.

15. Incumprimento do contrato.

O incumprimento total ou parcial do contrato implicará a aplicación de interese de demora.

16. Anuncios.

Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1996.

Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

8781