Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 1997 Páx. 190

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Productores de Mejillón de Ares-Betanzos (Apromar).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento

da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nestes, faise público que na sección de mediación, arbitraxe e conciliación (SMAC) desta delegación provincial e ás 14 horas do día 5 de decembro de 1996, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Productores de Mejillón de Ares-Betanzos (Apromar), que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: ría de Ares-Betanzos.

Profesional: propietarios concesionarios de mexilloeiras dedicados á explotación de bateas do cultivo do mexillón.

Asinan a acta de constitución: Francisco López Saavedra e dúas persoas máis.

Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 10 de decembro de 1996.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

0001