Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 1997 Páx. 189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 5 de decembro de 1996, da Delegación Territorial de Celeiro-Viveiro (Lugo), pola que se fai pública unha relación de notificacións de prego de cargos dos expedientes sancionadores 175/96-LU e 183/96-LU.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselle-lo prego de cargos en expedientes sancionadores ás persoas que a continuación se relacionan, por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Celeiro -Viveiro (Lugo), avda. Ramón Canosa s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: 175/96-LU.

Denunciado: Armando Acebedo Martín.

Enderezo: r) San Miguel, 50-b. Ribadeo (Lugo).

Nº de expediente: 183/96-LU.

Denunciado: Armando Acebedo Martín.

Enderezo: r) San Miguel, 50-b. Ribadeo (Lugo).

Celeiro-Viveiro, 5 de decembro de 1996.

Enrique Rodríguez González

Delegado territorial de Celeiro-Viveiro (Lugo)

9483