Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 1997 Páx. 189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 5 de decembro de 1996, da Delegación Territorial de Celeiro-Viveiro (Lugo), pola que se fai pública, para efectos de notificación, unha relación de propostas de resolución de expedientes sancionadores 119/96-LU e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselles, ás persoas que a continuación se relacionan, a proposta de resolución en expedientes instruídos por infracción á Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio, e BOE, do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os mencionados interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Celeiro - Viveiro (Lugo), Avda. Ramón Canosa s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: 119/96-LU.

Denunciado: Miguel Ángel Molina Correa.

Enderezo: Faro de San Cibrao. San Cibrao-Cervo (Lugo).

Nº de expediente: 121/96-LU.

Denunciado: Ramón Prado Villarquide.

Enderezo: r/ Atalaia, 1-1ºD. San Cibrao-Cervo (Lugo).

Nº de expediente: 138/96-LU.

Denunciado: Ricardo Rodríguez Piñeiro.

Enderezo: r/ Zumalacárregui, 48. Cedeira (A Coruña).

Nº de expediente: 167/96-LU.

Denunciado: José César Becerra Muíños.

Enderezo: Carballal-Valdoviño (A Coruña).

Celeiro-Viveiro, 5 de decembro de 1996.

Enrique Rodríguez González

Delegado territorial de Celeiro-Viveiro (Lugo)

9482