Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 1997 Páx. 156

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de novembro de 1996 pola que se adxudican axudas económicas para subvenciona-lo funcionamento de escolas de música.

Por Orde do 1 de abril de 1996 (DOG do 28 de maio), convócanse axudas para subvenciona-las actividades desenvolvidas ou que tivesen previsto desenvolver, durante o ano 1996, as escolas de música de titularidade municipal ou de institucións privadas sen ánimo de lucro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Constituída a comisión encargada de valora-las solicitudes de axuda recibidas segundo establece o punto sétimo da dita orde, trala análise e valoración destas e presentada a correspondente proposta de adxudicación, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicarlles axudas dun millón de pesetas ás escolas de música solicitantes que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo.-Desestima-las solicitudes de axuda das escolas que se relacionan no anexo II desta orde por non cumpri-los requisitos que establece o punto segundo da orde de convocatoria.

Terceiro.-Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán nas correspondentes delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, antes do 30 de decembro de 1996, a completa xustificación dos gastos realizados.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

ProvinciaMunicipaisPrivadasDenominación

A CoruñaArzúa
Padrón
Porto do Son
LugoAntas de Ulla
Foz
Monforte de Lemos
ParadelaO Barrido
Quiroga
Ribadeo
SamosADESA
OurenseO CarballiñoVila de Arenteiro
Maceda
PontevedraA Estrada
Beade
Caldas de Reis
Cambados
Cangas
LalínBanda de Lalín
MarínMaestro Landín

Pazos

O Porriño
Redondela
Silleda
Tui
Valga
Vila de CrucesArtística de Merza
Vilagarcía de ArousaBernardo del Río

ANEXO II

ProvinciaLocalidadeDenominación

A CoruñaA CoruñaPresto Vivace
A CoruñaAllegro
Boiro
Carnota
Cee
A Pobra do Caramiñal
Sada
LugoGuitiriz
OurenseAllariz
O Barco de Valdeorras
A Rúa
A Pobra de Trives
PontevedraVigoAlgarada
VigoAtlántida de Matamá
Coruxo
Cotobade
Mos
TuiBanda de música
Vilatuxe

9604