Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 1997 Páx. 142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1996 pola que se notifica a resolución do expediente sancionador de montes MP-69/95-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente por infracción da Lei de montes, do 8 de xuño de 1957.

1. Contra a dita resolución só cabe interpo-lo recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó desta publicación.

2. O importe da sanción deberá ser ingresado no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte a aquel en que a presente resolución sexa firme, na conta nº 120.597 de Recadación de Multas e Sancións que o Servicio de Montes e Industrias Forestais ten no Banco Pastor OP de Pontevedra; de non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramentos pola vía de constriximento.

Para efectualo, deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nas delegacións da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e nas oficinas da Dirección Xeral de Montes e MAN, sita en san Lázaro s/n, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO

Expediente sancionador: MP-69/95-PO.

Artigo infrinxido: 432 do Regulamento de montes.

Contía da sanción: catrocentas corenta e unha mil setecentas sesenta e oito (441.768) pesetas.

Denuncia: Maderas SOCOMADE, S.L.

Último enderezo coñecido: Cunchido-Darbo-Cangas (Pontevedra).

9328