Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 1997 Páx. 64

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 2 de decembro de 1996, do Servicio de Inspección e Laboratorios de Saúde Pública da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador EB 1/1996 por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, cos datos e último enderezo coñecido, a resolución do expediente sancionador EB 1/1996 por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra.

Fáiselle saber que, de acordo co título VII, capítulo II, sección 2ª, artigos 114 a 117, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispón do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar recurso ordinario perante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

En caso de conformidade coa sanción deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas sancións do Servicio Galego de Saúde número 001-014017-2 do Banco Bilbao Vizcaya, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 2 de decembro de 1996.

Mª Sagrario Pérez Castellanos

Xefa do Servicio de Inspección e Laboratorios de Saúde Pública

ANEXO

Expediente: EB 1/1996.

Denunciado: Pub Eclipse.

Último enderezo coñecido: Rúa Real, 12, Vigo.

Feito denunciado: infracción en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: Art. 35 a 1º da Lei 14/1986, xeral de sanidade.

Precepto sancionador: Lei 14/1986, xeral de sanidade, R.D. 1945/1983, infraccións e sancións.

Sanción proposta: 225.000 ptas.