Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 1997 Páx. 62

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 18 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude do permiso de investigación 5891.

A Delegación Provincial de Lugo fai saber que Constantino Cabaneiro López, con enderezo en 27286 Reigosa, s/n, Pastoriza, presentou nesta delegación provincial, o día 12 de decembro de 1995, instancia-solicitude do permiso de investigación Santa Fe, de 24 cuadrículas mineiras para recursos de lousas e outros,

que se sitúa no termo municipal da Pastoriza, da provincia de Lugo, á que lle correspondeu o número 5891 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1-7º 26' 00''43º 20' 40''
2-7º 25' 00''43º 20' 40''
3-7º 25' 00''43º 20' 00''
4-7º 24' 00''43º 20' 00''
5-7º 24' 00''43º 19' 00''
6-7º 26' 00''43º 19' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 18 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9401